#Claves de la semana
TRAS A SENTENZA DO SUPREMO QUE OBRIGA Á SÚA DEMOLICIÓN

Lence (Leite Río) ameaza con levar á planta do Ceao a Madrid se non hai unha solución

A deslocalización da planta afectaría a uns 400 gandeiros galegos que entregan uns 400.000 litros de leite


|

Lechero

O propietario de Leite Río, Jesús Lence, avisou este mércores de que se o Concello de Lugo non achega unha solución á planta envasadora de leite do Ceao II, tras a sentenza do Tribunal Supremo que confirma a orde de demolición, optará “pola deslocalización” da fábrica á “Comunidade de Madrid”.


En declaracións, Lence advertiu que esa sentenza “pode ter a consecuencia que queira o Concello de Lugo”, “porque o terreo é urbanizable e a planta é legalizable”.


A sentenza do Supremo, con data do 24 de febreiro, rexeita os seis motivos do recurso de casación presentado por Leite Río contra a orde de derrubamento da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditada en 2014 por non se axustar a planta á legalidade urbanística, ao tratarse de obras ilegais que carecen de licenza municipal e de autorización autonómica.


Ao respecto, Lence apuntou de que “se o Concello de Lugo quere nese terreo se pode facer unha unidade de actuación puntual e dicir que é urbanizable”, “pero se o Concello de Lugo non está por ese labor haberá que organizarse para facer a deslocalización desa planta”.


Así, asegura que se estuda, no caso de que haxa demoler esa fábrica, trasladar a planta á Comunidade de Madrid. “Non hai máis que a sacar e a levar onde sexa, a maquinaria é toda movible”, sostén.


RECOLLIDA DE 400 GANDEIROS


Na actualidade, Leite Río recolle a produción duns 400 gandeiros galegos para a industrialización na planta de O Ceao II, uns 1.000 litros diarios a cada un, segundo as cifras achegadas por Jesús Lence.


“Iso significase que se están a recoller 400.000 litros diarios de leite galego, que se están a industrializar e envasando aí, e que no momento que se estea en Madrid xa non entrarán aí”, avisou.


A planta afectada é a de O Ceao II da liña de leite de PKL de ata 1,5 litros. Leite Río conta con outras tres fábricas en Galicia (outra en O Ceao de leite UHT, unha en Arteixo de Leyma e outra en Láncara), que desvincularía desa decisión.


“A sentenza di que se derrube a planta porque está sen licenza de obra, correcto, e está sen licenza de obra porque o Concello non aprobou a unidade de actuación para urbanizar o terreo”, apuntou, polo que empraza á Corporación municipal a garantir a pervivencia desa fábrica en Lugo.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE