PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • CRTVG
  • cambio de hora
  • xunta galicia
  • eólica
CAMPAÑA DE PUBLICIDADE

Galicia e Castela e León ratifican o compromiso para a promoción do galego no Bierzo e Sanabria

No curso 2015-2016 máis de 1.000 alumnos de Primaria e Secundaria estudan materias en ou de galego en centros educativos destas zonas estremeiras

Redacción
Redacción
| viernes, 11 de marzo de 2016, 01:50
  • 0
ARCHIVADO EN | BIERZO SANABRIA


A Xunta de Galicia -a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística- e o Goberno de Castela e León ratificaron hoxe o compromiso de ambas administracións para mellorar o Protocolo Xeral de Colaboración para a promoción do idioma galego no Bierzo e Sanabria. Así o salientou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que esta mañá participou na xuntanza anual da comisión mixta de seguimento do Programa de Ensino en Galego nestas zonas, que tivo lugar en Valladolid.


Valentín García destacou “o compromiso das administracións galega e castelá-leonesa para melloraren e aumentaren o protocolo xeral de colaboración para a promoción do galego no Bierzo e Sanabria”, e engadiu que “os dous gobernos porán en marcha unha campaña de publicidade de cara ao vindeiro período de matriculación para que as familias desas dúas zonas da comunidade veciña descubran as vantaxes de aprender galego”.


Nesta cita anual tamén participaron a subdirectora xeral de Política Lingüística, María Antón; o director xeral de Política Educativa da Consejería de Educación da Junta de Castela e León, Ángel Miguel Vega; e o director xeral de Recursos Humanos da devandita Consejería, Jesús Hurtado.


Na xuntanza tamén se estableceu unha síntese e valoración do Programa do galego no curso 2014-2015 nos territorios estremeiros, valoráronse os datos de centros e alumnado do devandito Programa durante o curso actual -no que máis de 1000 alumnos de ensino primario ou medio están a cursar materias en ou de galego en centros educativos do Bierzo e Sanabria-, e trazáronse liñas de traballo para mellorar a promoción lingüística do galego máis alá do sistema de ensino: nos eidos cultural, social, administrativo etc. Esta tarefa hase levar a cabo coa colaboración dos concellos das zonas estremeiras e do Consello Comarcal do Bierzo.


Quince anos de colaboración lingüística


A colaboración entre as dúas comunidades autónomas en materia lingüística comezou no ano 2001, e foi ampliada en 2006 coa sinatura do Protocolo Xeral de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Junta de Castela e León.


Ademais, en xaneiro de 2010, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o daquela presidente da Junta de Castela e León, Juan Vicente Herrera, asinaron un Protocolo Xeral de Colaboración que abriu unha nova etapa de cooperación entre as dúas comunidades.


O documento, ademais de incluír cuestións de interese común como a educación, as infraestruturas, a sanidade ou o Xacobeo, serviu para ratificar o Protocolo Xeral de Colaboración vixente para a promomción do galego nos territorios de Castela e León en que se fala galego.

  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

La Semana Santa de Ferrol contará con 22 procesiones, un traslado y la ceremonia del Desenclavo

Santalices reivindica en Madrid el "sentidiño" que caracterizó las cuatro décadas de gestión de la autonomía gallega

Carmela Silva, investida en Madrid como nueva cofrade de la Enxebre Orde da Vieira

El PP de Santiago insiste en que derrumbará la Casa da Xuventude, anulando su cesión a la Diputación

Cabeceralomasleido 1
1
La sentencia contra Monbus y Alsa es "solo la punta del iceberg del amiguismo de la Xunta", dicen empresas, sindicatos y oposición
2
Luar, suspendido por vez primera en más de 30 años al haber huelga en CRTVG
3
La CUT denuncia la "manipulación de datos" y contabiliza un 68,75% del personal parado en la CRTVG
4
Estupor en la oposición tras desearle suerte Feijóo al empresario detenido como líder de una trama de prostitución
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora