PARA FESTEXAR O SAN PATRICIO

A Coruña celebra seus vínculos con Irlanda

A Coruña celebra este xoves o seu vínculo co país irlandés dentro da campaña Global Greening, na que participan monumentos emblemáticos de todo o mundo, como o Coliseo Romano, as Cataratas do Niágara ou o Cristo do Corcovado.


|

A Torre de Hércules, o faro en funcionamento máis antigo do mundo, ilumínase de verde este xoves para reivindicar o seu vínculo con Irlanda, que segundo a lenda foi descuberta desde o alto deste monumento declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. 


Turismo da Coruña participa na campaña mundial Global Greening, que tingue de verde lugares tan emblemáticos como o Coliseo romano, as cataratas do Niágara ou o Cristo de Corcovado en Río de Janeiro para celebrar a noite de San Patricio, patrón de Irlanda. 


O mito ten a súa orixe ten as súas orixes no Leabhar Ghabala ou Libro das Invasións, recompilación realizada no século XII de lendas irlandesas anteriores. Segundo esta fonte, Breogán, fillo de Brath, foi o caudillo celta que someteu as tribos de España. Tras conquistar todo o territorio, fundou a cidade de Brigantia (A Coruña) e construíu xunto a ela unha torre, que denominou Torre de Breogán. Á súa morte, sucedeuno o seu fillo Ith, quen ao ver desde o alto da Torre as terras de Irlanda, partiu para conquistalas, pero a empresa fracasou, el morreu e o seu corpo foi traído a Brigantia onde foi enterrado. Sucedeuno o seu fillo Mil, quen intentou de novo a conquista de Irlanda e esta vez conseguiu vencer os Thuatha-Dé-Dannan e dominar todo o país.

A difusión desta lenda foi impulsada no século XVII polos Colexios de Irlandeses que se asentaron en España, e en concreto o de Santiago de Compostela que tivo un papel relevante pola súa proximidade á cidade herculina. Pasado un tempo o relato quedou no esquecemento, polo menos en Galicia, ata que no século XIX o recuperou a corrente celtista encabezada por escritores como Manuel Murguía ou Eduardo Pondal. Polo contrario, en Irlanda o mito mantívose vivo ao longo de todo este período.


Visitas guiadas con Mil Espane, desde Semana Santa


Turismo da Coruña ofrece oito visitas guiadas teatralizadas durante todo o ano a partir de Semana Santa. No tour Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade, Mil Espane mostra o mundo mitológico atlántico e interpreta a terra sacra do Parque Escultórico da Torre de Hércules. A actividade é gratuíta con reserva.


As visitas guiadas son un dos atractivos turísticos da Coruña para esta semana santa, xunto cunha interesante proposta gastronómica de tempada e multitude de opcións de lecer para gozar dunha escapada atlántica de primavera.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE