#Claves de la semana

Citroën busca unha proposta "imbatible" para facerse con novo modelo

Unha vez acordado o plan de axustes cos sindicatos, a directiva de Citroën busca a colaboración das empresas do sector


|



Unha vez acordado o plan de axustes cos sindicatos, a directiva de PSA Peugeot-Citroën busca a colaboración das empresas do sector da automoción para presentar unha proposta de industrialización "imbatible" que permita que a factoría viguesa consiga o novo modelo de vehículo. 


"Unha vez máis, estamos xuntos na carreira", asegurou o director xeral Yann Martin durante un acto da asamblea do clúster de Empresas de Automoción de Galicia, , incidindo en que o novo vehículo polo que está loitando PSA en Vigo suporía "volumes de produción significativos" que se sumarían ao proxecto da nova furgoneta K0. 


Reparou no "efecto multiplicador" que ten a adxudicación de modelos, o que a considerou "un obxectivo común para o cluster". Así, destacou que a atribución da K9 "foi importante" pola adxudicación de compoñentes e pola confirmación de "que a automoción de Galicia soubo responder o reto".



Xustamente sobre a adxudicación de pezas a empresas do sector, Martin confirmou que o proceso aínda non finalizou, e avanzou que está previsto que nos próximos meses se sumen ao proxecto provedores de segundo e terceiro rango en Galicia.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE