#Claves de la semana

Case millón e medio de desprazamentos para Semana Santa

Cinco novos radares controlarán o tráfico nas estradas convencionais


|



Chega a Semana Santa e con ela unha das épocas máis intensas nas estradas galegas, que se enchen de vehículos que queren chegar ata os mesmos lugares nun espacio moi reducido de tempo. A DXT prevé uns 1,4 millóns de desprazamentos durante o seu operativo de Semana Santa, que comeza este mesmo venres 18 de marzo. 


A meirande parte destes desprazamentos daranse a semana que vén, entre o 23 e o 28 de marzo, cando se esperan uns 869.000 desprazamentos. Non obstante, esta fin de semana xa comezará o movemento, con 356.000 desprazamentos previstos entre o venres e o domingo. 


As estradas afectadas cunha maior intensidade de tráfico serán a autopista AP-9, as autovías A-6, A-52 e A-55, así como as nacionais N-634 e N-550. 


Precisamente nesta última vía instaláronse dous dos cinco radares que activou a DXT para esta campaña, que por primeira vez levan o control de velocidade por tramos ata as estradas convencionais galegas. 



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE