#Claves de la semana

Os gandeiros comezan a mobilizar os seus tractores ante a crise do sector

Concéntranse ante a planta de Logística Alimentaria e insinúan un "escrache" para a Conselleira de Medio Rural


|




Gandeiros galegos concentráronse este mércores cunha vintena de tractores ante a planta da empresa Logística Alimentaria, en Outeiro de Rei, protestando pola "masiva" masiva entrada de leite de fóra de Galicia que inflúe nos baixos prezos que reciben polo seu produto.


Esta nova mobilización chega menos dunha semana despois de que se concentraran ante a Xunta de Galicia, avisando de que chegarían "ata donde faga falta" para evitar a desaparición de 3.500 explotacións leiteiras debido á crise de prezos do sector. 


Trátase da segunda protesta en menos dunha semana, pero non parece que vaia a ser a última. Segundo o voceiro en Lugo da Federación Rural Galega (integrada na Plataforma en Defensa do Sector Lácteo), Elías Somoza, non se descarta un "escrache" para a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez.


O que intentaron denunciar no día de hoxe foi a "entrada masiva de leite foráneo nalgunhas industrias, mentres en Galicia se está deixando de recoller". Acusa á conselleira de "mirar para outro lado", polo que non descarta que ela tamén sexa visitada polos tractores.



relacionada O prezo do leite segue sen subir no 2016
relacionada Medio Rural cree que "non é o momento" para protestas no sector lácteo
relacionada ​Os gandeiros chegarán "ata donde faga falta" para evitar o peche de máis de 3.500 granxas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE