#Claves de la semana

O prezo do leite segue sen subir no 2016

De pouco serviron as mobilizacións gandeiras, as tractoradas, as reivindicacións no parlamento ou o compromiso das distribuidoras. O prezo que se pagou aos gandeiros polo leite mantívose invariable en xaneiro, nos 28,8 céntimos por litro.


|


De pouco serviron as mobilizacións gandeiras, as tractoradas, as reivindicacións no parlamento ou o compromiso das distribuidoras. O prezo que se pagou aos gandeiros polo leite mantívose invariable en xaneiro, nos 28,8 céntimos por litro. 


Os galegos seguen sendo os gandeiros que cobran menos polo seu producto en todo o estado, dous céntimos por debaixo da media española, que baixa dende os 31.1 ata os 30,8 céntimos. 


Do mesmo xeito, os gandeiros que realizan entregas en Galicia seguen descendendo no mes de xaneiro, tras unha perda de case 500 ao longo de 2015.


Con todo, neste mes de xaneiro prodúcese un repunte da produción en Galicia, que chega ata 221.510 toneladas, superior ás 219.730 toneladas de decembro.


Os novos datos coñécense un día antes da primeira reunión do plan de fortalecemento do sector lácteo, convocada pola Consellería de Medio Rural co obxectivo de sentar a produtores, industria e distribución nunha mesa para establecer un calendario concreto de actuacións. 


relacionada O leite págase peor en Galicia que no resto de España
relacionada A administración recibe o SOS urxente dos gandeiros
relacionada Os gandeiros lanzan un SOS urxente
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE