​Os emprendedores galegos reúnense no Gaiás

|




A Cidade da Cultura acolleu este mércores o 'Galiemprende', unha mostra que reuniu proxectos empresariais desenvolvidos no marco da Rede de Viveiros de Empresa implantada en 19 centros educativos galegos e das iniciativas desenvolvidas no Centro de Emprendemento de Galicia situado no Gaiás


Un marco de encontro para favorecer a posta en común de proxectos, a creación de sinerxias entre emprendedores e o establecemento de lazos de colaboración entre os centros formativos e o Centro de Emprendemento de Galicia, un espazo que ofrece programas de apoio e tutorización a novas iniciativas emprendedoras.


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañado polo director xeral de Educación, FP e Innovación, Manuel Corredoira, fixo un percorrido polas casetas, onde coñeceron proxectos de empresa de diversos campos como o aforro enerxético, a consultoría, a construción ou o deseño, entre outros.


"Estou sorprendido, contento e agradecido porque isto é unha pequena mostra do traballo que se desenvolve na rede de viveiros empresas dos centros educativos galegos e tamén do traballo que se desenvolve no da Cidade da Cultura", manifestou o conselleiro.


En concordancia coa estratexia de crecemento da UE 2020, Román Rodríguez apostou por "reforzar os vínculos entre educación e empresa" co obxectivo de "fomentar o emprendemento, o coñecemento e a innovación". "O emprendemento constitúe unha fonte de riqueza na súa contorna ao actuar como motor da innovación, da competitividade e do crecemento das economías", sinalou.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress