#Claves de la semana

​A Xunta blinda a actividade mineira na Limia

Tramita unha iniciativa que afectará a unha superficie de máis de 7 millóns de metros cadrados, dos que 4,7 millóns están actualmente sen explotar.


|





O goberno galego deu o primeiro paso na tramitación dunha iniciativa que “impulsará a actividade das nove industrias mineiras” na comarca da Limia, declarando a supramunicipalidade dun proxecto sectorial para “ordenar e planificar a longo prazo” os traballos nas explotacións areneiras das localidades de Sandiás e Vilar de Santos.


Segundo explicou o presidente galego, esta actuación afectará a unha superficie de máis de 7 millóns de metros cadrados, dos que 4,7 millóns están actualmente sen explotar.


A Xunta sostén que esta nova iniciativa "permitirá planificar unha explotación racional" dos recursos, así como unha restauración progresiva dos terrenos, recuperando parte da lagoa de Antela.


Defende que se axilizarán os procesos unificando as autorizacións administrativas, contribuíndo ao mantemento dos 240 empregos directos e indirectos e ao impulso de novos proxectos. 



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE