#Claves de la semana

​AGE pide "que se cumpra o asinado" ante a crise do sector lácteo

Critican a postura da conselleira de Medio Rural, apoiando as mobilizacións dos gandeiros


|




Os gandeiros galegos volveron á rua hai 10 días reclamando solucións para a crise de prezos do sector leiteiro e anunciando que chegarían "ata onde haga falta" para salvar 3.500 granxas do peche. Nese momento, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, recoñeceu que tiñan os seus motivos pero negou que fora "o momento" para manifestarse.


Pero dende AGE teñen claro que sí é o momento para manifestarse, tras ano e medio "cobrando por debaixo dos custes de producción", cunha administración que segundo eles non corta as prácticas abusivas da industria nin cumpre os acordos aos que se chegaron en septembro de 2015


Antón Sánchez asegura que se os gandeiros se manifestan é porque "non lles queda outro remedio", considera que é a única forma de chamar a atención dunha conselleira que non "fai o seu traballo" e considera "inimiga do sector".


Observan con preocupación os prezos que están cobrando os gandeiros galegos polo leite, contando ademais conque a situación empeorará coa chegada do bo tempo, cando tradicionalmente mellora a produción das explotacións provocando unha baixada de prezos.


Por iso reclamarán no parlamento que se cumpran os acordos aos que se chegou en setembro de 2015, facendo especial fincapé en que polo menos se trasnparente a cadea de valor, deixando claro canto lle paga a distribución á industria e canto lle paga á industria aos productores.


Entenden que se trata dunha medida básica, que axudaría a comprender por qué os consumidores tiveron que soportar unha subida de varios céntimos no prezo do produto final sen que ese aumento se reflexara nos prezos que cobran os gandeiros pola súa materia prima. 

relacionada ​Os gandeiros chegarán "ata donde faga falta" para evitar o peche de máis de 3.500 granxas
relacionada Leite Río abandona a recollida de leite en granxas de Ordes e Compostela
relacionada Leite Río abandona a recollida de leite en granxas de Ordes e Compostela
relacionada ​Os gandeiros márchanse "decepcionados" doutra reunión "estéril"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE