#Claves de la semana
PIÑOR, OURENSE 16 E 17 DE ABRIL

Presentado o “I Rallymix Concello de Piñor”, proba do campionato galego de RallyMix

A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo que se celebrará os días 16 e 17 de abril


|


A vindeira fin de semana, 16 e 17 de abril, dispútase o “I Rallymix Concello de Piñor”, proba que computa no campionato galego de RallyMix. O acto de presentación tivo lugar este mércores no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; o alcalde de Piñor, José Luis González; o impulsor do Rallymix, Iván Alonso; e o presidente da Escudería MixrallySports e director da carreira, Ignacio Davila.


A Deputación de Ourense colabora con esta proba deportiva que transcorrerá polo municipio de Piñor a cal “permitirá gozar aos asistentes, ademais dun evento deportivo, das excelencias turísticas e gastronómicas que ofrece Piñor e a súa bisbarra”, afirmou Rosendo Fernández. Pola súa banda, Ignacio Davila explicou o desenvolvemento da proba, que terá como “centro neurálxico” o campo de fútbol de Grobas. Na xornada do sábado “a primeira pasada será as 12.15 horas, e posteriormente faranse dúas máis. E, o domingo, teremos dúas pasadas máis que comezarán ás 10.00 horas”, avanzou o director da carreira. Ao remate da proba terá lugar a entrega dos trofeos na praza do Concello de Piñor.


José Luis González destacou que a celebración desta proba automobilística no Concello de Piñor “permite a difusión turística do noso municipio posto que este tipo de actividades atrae a milleiros de persoas”, e adiantou que o Concello de Piñor “plantará unha árbore por cada participante inscrito na competición, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente”.


“O automobilismo é un deporte que move masas e que move tamén a situación económica. Hai moita paixón no noroeste da Península Ibérica por este deporte, polo que trae unha riqueza engadida á comarca onde se celebra”, afirmou Iván Corral. Finalmente, o impuslor do Rallymix, Iván Alonso, dixo que a idea xurdiu a raíz de ter asistido a moitas destas probas automobilísticas “apreciamos como a xente volve a eses lugares onde se celebran, e é polo tanto, é unha boa maneira de promocionar o concello”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE