Homenaxe musical a Manuel María en Cangas

|

Baldomero Iglesias, Xosé Luís Rivas e o violinista Sasha no IES María Soliño - Foto: R.F 


Mini e Mero, fundadores de “Fuxan os ventos”, estiveron no IES María Soliña de Cangas este venres 15 de abril para rendir homenaxe a Manuel María, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.



Baixo o nome artístico deste dúo de cantautores chairegos agóchanse Baldomero Iglesias e Xosé Luís Rivas, que chegaron acompañados do violinista ucraíno Sasha, para cantar poemas de Manuel María e Bernardino Graña, entre outros poetas galegos.

Sempre defendendo o galego por encima de todo, preocupados por recuperar o patrimonio inmaterial do noso país e facendo unha continua defensa do ensino público, os integrantes do grupo ‘A Quenlla’, hoxe en día formado por dez músicos, encheron o IES María Soliño de esperanza para o futuro de Galicia.

Foi unha actuación pensada para todo o alumnado e profesorado do centro.

 Rapaces do IES María Soliño de Cangas durante a homenaxe a Manuel María (foto R.F)

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress