#Claves de la semana
ANALIZOUSE O PROCESO DE CONFLUENCIA ABER DE CARA ÁS AUTONOMICAS

Ourense en Común fixa a confluencia como horizonte para as eleccións ao Parlamento Galego

En asemblea aberta, Ourense en Común acordou hoxe impulsar a participación cidadá en prol de gañar as institucións desde os principios de Democracia Directa.


|


Ourense en Común reuniuse esta mañá en asemblea aberta co obxectivo de definir a súa postura de cara ás próximas eleccións ao Parlamento Galego, aínda sen data fixada


Nunha xornada monográfica, analizouse o papel dos movementos sociais, o tecido asociativo, os partidos políticos e as candidaturas veciñais nun eventual proceso de confluencia electoral.


Perante os escenarios presentes na actualidade, En Marea e o proceso Mareas en Común iniciado por máis de 40 candidaturas municipalistas galegas, Ourense en Común demandará e traballará en prol da permeabilidade de ambos, para a construción dun suxeito político único, coa confluencia como horizonte no que recuperar as institucións para a xente.


O municipalismo, que deu pulo a estes procesos, será a base neste momento constituínte, descansando nun principio de adscrición individual, onde rexa o principio de “unha persoa, un voto” en pe da igualdade e superando as estruturas piramidais.


No primeiro documento das Mareas en Común, aprobado en plenario a pasada semana en Marín, recóllense os principios básicos do movemento, que busca garantir os dereitos de todas as persoas, defendendo un modelo participativo e realmente democrático, comprometido coa transparencia e libre de corrupcións, no que prime a igualdade a todos os niveis baixo un modelo económico xusto, onde se defenda a lingua, se protexa o medio ambiente e os servizos públicos, e en definitiva, no que se poña en valor ao cidadán, dende a parroquia ao país, sen desequilibrios territoriais.


Mañá a Rede de candidaturas veciñais da Provincia de Ourense, na que participa Ourense en Común, reunirase en Ribadavia para debater a implicación das distintas candidaturas provinciais neste proceso de cambio aberto en Galicia.


As Mareas en Común, definirán a metodoloxía de traballo de cara ás autonómicas nunha reunión plenaria aberta que se celebrará en Sada (A Coruña) en próximas datas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE