#Claves de la semana

​O PPdeG pide "rigor e seriedade" ante o caso dos posibles retrasos en tratamentos de hepatite C

Entenden que non é "tolerable" que se esté a dicir cousas como que que "as políticas da Xunta puxeron enriba da mesa mortos".


|




Ante a comparecencia parlamentaria que levará a cabo o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, para dar conta dos posibles retrasos en tratamentos de hepatite C, o voceiro do PPdG no parlamento quixo pedir que se respete o "rigor e seriedade" que merece unha enfermidade mortal para que o debate transcurra "por onde ten que discurrir". Entenden que non é "tolerable" que se esté a dicir cousas como que que "as políticas da Xunta puxeron enriba da mesa mortos".


Pedro Puy espera que o goberno dé as explicacións que sexan oportunas e que no caso de que quede algunha dúbida se plantexe de firna seria, nunca "denigrando" o que no fondo é o propio sistema de saúde galego.


Asegura que no seu grupo comprenden "calquera tipo de reacción persoal" dos afectados, pero demandan dos responsables políticos "un pouco de seriedade", xa que do contrario consideran que se pode sentar un "precedente" pernicioso e caer nunha dinámica parlamentaria "realmente desastrosa". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE