#Claves de la semana

​Membros de Causa Galiza denuncian unha “montaxe” para identificar “independentismo” e “terrorismo”

Interpretan a 'Operación Jaro, calificada polo Ministerio de Interior como un golpe á “contorna” de Resistencia Galega, como unha montaxe que busca “transmitir ao pobo galego que o independentismo é terrorismo”
 

|




Membros da formación independentista Causa Galiza, suspendida pola Audiencia Nacional, emprenderon unha campaña para denunciar a "montaxe política-policial" da 'Operación Jaro', que segundo interpretan busca “transmitir ao pobo galego que o independentismo é terrorismo”, pero que o Ministerio de Interior calificou como un golpe á “contorna” de Resistencia Galega.


Un dos procesados nesta operación, Joám Peres, indicou que están levando a cabo contactos con organizacións con representación institucional para presentar mocións en concellos, no parlamento galego, no congreso e no parlamento europeo, ante “unha persecución ideolóxica en toda regra” contra o independentismo galego, impropia dun réxime minimamente democrático".


Alerta contra unha operación que segundo interpretan intenta “transmitir ao pobo galego que o independentismo é terrorismo", "que non se pode ser independentista e que quen asuma posicións independentistas neste país vai ser tratado con todo o réxime de excepcionalidade do que é capaz o Estado español".


Unhas 70 entidades políticas --como o BNG, Anova, Podemos Galicia, CUP ou Sortu--, sociais, culturais e deportivas fixeron pública a súa repulsa á ilegalización de Causa Galiza, tras uns meses nos que se celebraron diversas protestas en apoio á formación. Ao acto acudiron, entre outros, o líder da CIG, Suso Seixo, e a responsable da área de Organización do Bloque, Bieito Lobeira.


NOVE INVESTIGADOS POR INTEGRACIÓN TERRORISTA E ENALTECEMENTO


O pasado 8 de abril o xuíz da Audiencia Nacional Eloy Velasco rexeitou o recurso da defensa de Causa Galicia contra a suspensión de actividades da organización, mentres se mantén un proceso penal na Audiencia Nacional contra nove persoas en calidade de investigados por "integración en organización terrorista" e "enaltecemento do terrorismo".


Segundo explica Peres, mantense o segredo de sumario sobre este caso, no que as nove persoas teñen a mesma imputación xenérica, que se personalizará ao longo do proceso. A integración en organización terrorista está penada entre seis e 12 anos de prisión, mentres que a pena para o enaltecemento de terrorismo se sitúa entre un e tres anos de cárcere, sinalou na súa intervención.


"Non temos medo, imos manter a cabeza alta porque estamos sentados nun tribunal de excepción simplemente por defender os dereitos nacionais do noso país", subliñou Peres, en nome de todos os procesados na 'Operación Jaro'. "Non temos nada que ocultar, nada do que avergoñarnos e imos manter o noso compromiso ata o final, guste ou non guste a Audiencia Nacional e á Garda Civil", deixou claro.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE