#Claves de la semana

​Comeza o congreso do PPdG que aclamará a Feijóo como candidato

A ausencia de Rajoy e o reemplazo de Alfonso Rueda, principais puntos de interese


|




Por terceira vez consecutiva e sin necesidade de votar. Hoxe comeza o congreso no que os populares galegos aclamarán a Alberto Núñez Feijóo como candidato á Xunta de Galicia para as eleccións autonómicas de outono. A pesar de que apenas eran necesarios 90 avais para presentarse ás primarias do PPdG, como non se cansaron de repetir os populares nas útimas semanas, ninguén se atreveu presentar batalla ante o presidente da Xunta.


Por iso encaramos un Congreso sen tensión nin sorpresas, no que os maiores puntos de interés son a ausencia de Mariano Rajoy e a elección do novo secretario xeral que sustituirá a Alfonso Rueda, centrado dende hai uns meses na presidencia dos populares de Pontevedra.


A ausencia de Rajoy sorprende, xa que tradicionalmente sempre estivo na clausura dos congresos dos populares galegos. De feito, nun primeiro momento anunciouse a súa presencia pero despois anulouse por problemas de axenda vinculados coa precampaña electoral.


Aínda que estivo este venres en Ourense, nun acto de Novas Xeracións do PP, o presidente en función xa deixou Galicia e perderase o momento de triunfo do seu compañeiro galego. Unha circunstancia á que Feijóo quita ferro. O presidente da Xunta agradeceulle a Rajoy a súa presenza este venres, reivincidando a “autonomía e a” entidade propia” do cónclave dos populares galegos.


En canto á elección do sustituto de Alfonso Rueda, número 2 do partido, están abertas as apostas entre o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, a titular de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e tamén o exconselleiro y portavoz municipal de Santiago, Agustín Hernández.


Sobre este último, Feijóo considerou esta mesma semana que é “un dos mellores políticos do PPdG, como conselleiro como alcalde a agora como portavoz de la oposición", pero non aclarou se confiará en el como novo secretario xeral do partido.



PRECAMPAÑA ELECTORAL


Trala confirmación de Feijóo como candidato, aínda quedará moito para que empece a campaña electoral. Aínda que se retrocedemos ata este xoves pasado, case parece que o líder popular está en precampaña.


Aproveitando a festividade da Ascensión, o líder dos populares galegos visitou a feira e o Concurso Cabalar do mercado de Amio, onde foi recibido por 'fans' que lle pedían fotos e berros de "guapo".


Cun paseo entre cabalos con claros tintes preelectorais, Feijóo recorreu a feira,probando rosquillas e chourizos que lle ofrecían os vendedores. O ambiente era distendido, de feito chegou a bromear cunha das primeiras vendedoras, preguntándolle por qué a bolsa de rosquillas que lle ofrecía non incluía o prezo. "Estámonos adaptando, presidente", respondeu ela sinalando un cartel no que aparecían detalladas as cantidades.


Continuando co seu paseo, Feijóo colleu un par de botellas de aguardaente e outros licores, aínda que neste caso non se animou a probar. Preferiu seguir o seu camiño,parando para facerse fotos e apretar mans,ata chegar ata a nave onde estaban os cabalos.


Alí entablou unha animada conversa con varios gandeiros, sendo informado de que"un bo burro anda nunha media de 500euros", aínda que este ano se vende menos.


Tamén houbo espazo para selfies, anéctodas, bromas con nenos e maiores... ¡Os tratantes levan bastón sempre!, sinalou antes de abandonar o recinto, en relación a un dos moitos vendedores que quixeron darlle a man. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE