#Claves de la semana

Pontón pide menos papeletas e "máis debates" para o 26-J

O BNG reclama unha campaña sen envío masivo de papeletas e debates a nivel galego


|



O BNG acaba de presentar as súas propostas de cara á campaña electoral do 26-J, que pasan por suprimir o envío masivo de papeletas aos fogares para aforrar 50 millóns de euros e celebrar debates en Galicia, tanto entre os candidatos como entre os líders políticos.


Ana Pontón, portavoz nacional do bloque, mostrouse partidaria de "aforrar recursos públicos" na campaña pero "sen recortar a democracia", eliminando o 'mailing' electoral. Esta medida supón, segundo sostivo, un aforro económico e ecolóxico e, ademais, permite gañar "transparencia". De feito, como lembrou, a súa formación xa renunciou a esta práctica desde as últimas eleccións europeas, celebradas en maio de 2014.


Como alternativa, Pontón pide que se celebren "máis debates", xa que contribúen a que a sociedade teña "unha opinión máis formada" para os próximos comicios. "Os cidadáns teñen dereito", recalcou a responsable do Bloque, quen retou ao presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a demostrar se, como ao seu xefe de filas, Mariano Rajoy, "lle cansan" os debates ou está disposto a "dar a cara". Así mesmo, instou á dirección da CRTVG a organizar estes actos e "en horario de máxima audiencia".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE