#Claves de la semana

​4 de cada 5 alumnos do ensino público quedaron na casa para evitar a "reválida" de 6º segundo a PGDEP

A Consellería de Educación asegura que o 60% dos alumnos sí realizou a proba, incluindo no seu porcentaxe os centros privados e concertados


|


O boicot das familias para a polémica "reválidas" de 6º de primaria que comezou este mércores tivo un seguimento notable, aínda que como adoita acontecer nestes casos as cifras varían dependendo de a quen lle preguntemos. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fala de "éxito" absoluto, asegurando que preto do 80% do alumnado do sistema público quedou na casa. Dende a consellería prefiren incluir nas súas contas aos centros privados e aos concertados, reducindo o porcentaxe de insumisión ata o 40%. 


Dende a Plataforma en Defensa do Ensino Público síntense respaldados polas familias, que segundo eles xa estaban en contra dunhas probas que consideran "antipedagóxicas, antisociais e discriminatorias" e tan só necesitaron que se lle confirmase que non habería consecuencias para respaldar o boicot. Aseguran que houbo centros nos que non acudiu nin un só alumno, e sinalan que moitos dos que sí acudiron tan só o fixeron porque hai familias "que non teñen máis remedio que mandar aos seus fillos ao colexio porque non teñen posibilidade de conciliar".


Iso sí, falan tan só dos centros públicos, sen ter en conta na súa porcentaxe os centros privados e concertados porque entenden que ese "non é o noso campo", recordando ademais que estes poden estar interesados no "negocio" que traería consigo a comparación entre centros educativos. 


Sí inclúe os centros privados e concertados nas súas contas a consellería de Educación, que asegura que o 60% do alumnado galego sí realizou a proba,  unha porcentaxe "moi razoable" para o conselleiro de Educación, tendo en conta o escenario “de tensión e os chamamentos constantes ao boicot e á insubmisión” por parte de algunhas organizacións durante as últimas semanas.


O conselleiro, Román Rodríguez, segue defendendo a utilidade das probas para detectar carencias e debilidades do sistema educativo, tanto no proceso de ensino coma no de aprendizaxe. Por iso parece probable que manteña as probas de 3º de primaria, previstas para finais de mes. 


CONCENTRACIÓN ANTE A CONSELLERÍA


Preto dun centenar de persoas convocadas pola PGDEP concentráronse ante a consellería de Educación coincidindo co inicio das probas, con varios nenos de familias "insumisas" que escribiron spray en man un cartel de rexeitamento para ás "reválidas".


Na concentración estivo presente a voceira nacional do BNG, Ana Pontón , que criticou unhas probas que producen unha "tensión innecesaria"para aos alumnos e que producen un "claro rexeitamento social".


Apoia a todos os pais e nais "insumisos con esa lei inxusta", xa que considera que están defendendo un ensino de calidade. 


O PPDEG REXEITA PARALIZAR AS REVÁLIDAS


Mentres, no parlamento galegou votouse unha iniciativa do BNG para paralizar a aplicación da Lomce en Galicia e como consecuencia as súas reválidas, apoiada polo resto da oposición pero rexeitada polo partido popular. 


O nacionalista Cosme Pombo pediulle aos populares que "escoiten" á comunidade educativa que protesta contra as probas, que "provocan un estado de tensión totalmente innecesario nos escolares" e supón un gasto innecesario, sobre todo tendo en conta que non se celebrarán na meirande parte das comunidades. 


Como resposta, o deputado popular Hipólito Fariñas acusou á oposición de "manipular aos pais" e "coaccionar" ás anpas para que non manden aos seus fillos ás probas. 


Do mesmo xeito, botoulle en cara á oposición que estean na rúa "pedindo que se incumpra unha lei". "¡Hoxe non hai problema con utilizar a menores de idade nas manifestacións!, espetou. 




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE