#Claves de la semana
AGASALLO NOS SUPERMERCADOS

Gadis celebra o Día das Letras con 20.000 libros en galego e bolsas conmemorativas


|

Supermercados Gadis volverá a conmemorar este ano o Día das Letras Galegas coa edición dun libro en galego, do que distribuirá 20.000 exemplares entre os seus clientes, e coa posta en circulación de dous millóns de bolsas conmemorativas, que inclúen a orixe desta efeméride e o seu homenaxeado este ano, Manuel María.


A campaña foi presentada este mércores polo director de Comunicación de Gadisa, José Luis Fernández Astray, e polo director de Mercadotecnia, Antonio Cortés, que compareceron acompañados de Manuel Rico, o autor do libro ‘Heiche de cantar un conto’, que a compañía distribuirá ata fin de existencias o próximo 16 de maio entre os clientes dos seus supermercados.


Este libro, un recopilatorio do cancioneiro tradicional infantil en galego coa súa correspondente música, súmase á colección iniciada hai dous anos por Gadis, coa edición de ‘Eu non canto por cantar’ e ‘Cantos de berce tradicionais’, tamén con motivo das Letras Galegas.


Durante a presentación, José Luis Fernández Astray destacou o empeño de Gadis por facer chegar aos fogares publicacións en galego, así como por afondar na tradición oral, e confiou en que esta publicación “traspase o ámbito familiar e chegue ao educativo”.


Do mesmo modo, Fernández Astray destacou que a compañía cumpre “14 anos editando libros en galego”, o que suma 270.000 exemplares “nas casas” dos seus clientes galegos.


MARCAPÁXINAS


A publicación deste ano estrutúrase en seis capítulos que recollen cancións infantís relacionadas coa adquisición da linguaxe, labores e oficios, festas de relevancia ou danzas, entre outros elementos.


Supermercados Gadis entregará, ademais, un marcapáginas co poema ‘A Fala’, de Manuel María, dentro de cada un dos libros que reparta. O poema, que forma parte de ‘Ás rúas do vento ceive’, foi escollido pola súa “representatividade” en colaboración coa familia do autor.


OUTRAS INICIATIVAS


Con motivo do Día das Letras Galegas, Supermercados Gadis retoma unha vez máis a súa tradicional bolsa conmemorativa desta efeméride, da que puxo en circulación máis de dous millóns de exemplares que se reparten entre os seus clientes dende principio deste mes.


Este ano, as bolsas inclúen unha pequena explicación sobre a orixe da celebración do 17 de maio e unha mención que recorda ao homenaxeado en 2016, Manuel María.


Supermercados Gadis foi pioneira en Galicia convertendo as bolsas da compra en vehículo cultural. Nesta ocasión achega dende primeiros de mes a máis de dous millóns de fogares en Galicia as bolsas cunha pequena explicación sobre a orixe da celebración do 17 de maio.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE