#Claves de la semana

O colexio de xornalistas crea a bolsa Nacho Mirás

En recordo do xornalista de La Voz de Galicia que faleceu no pasado mes de outubro


|

(foto: blogs.lavozdegalicia.es/lahuelladigital)


O Colexio de Xornalistas de Galicia presentará este xoves a bolsa Nacho Mirás, en colaboración coa Universidade de Santiago e con Abanca, en homenaxe ao coñecido xornalista de La Voz de Galicia que faleceu o pasado mes de outubro logo dunha longa loita contra un cancro que relatou paso a paso no seu blog e no libro ‘El mejor peor momento de mi vida’.


A bolsa que levará o nome de Nacho Mirás becará xornalistas recén licenciados que desexen levar a cabo un proxecto xornalístico: reportaxes, blogs, propostas audiovisuais…


Será presentada o vindeiro xoves 19 de maio ás 12:00 na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC nun acto no que participará Xosé Ramón Pousa, decano da facultade, Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e Isaac González Toribio, Director de Comunicación e Relacións Institucionais de Abanca. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE