Os inspectores farmacéuticos inician unha folga ante os “graves riscos” aos que está exposta a saúde pública

|



Os inspectores farmacéuticos de saúde pública en Galicia comezan este mércores 18 de maio unha folga indefinida esixíndolle á Xunta que aumente a dotación dun corpo que naceu en 2006 con 100 prazas e que a día de hoxe só ten cubertas 62 para “máis de 9000 establecementos”.


Os inspectores denuncian que a falta de persoal e de material expón á poboación galega a“graves riscos” de saúde pública, que se acentúan coa chegada do verán. Dende casos de legionelosis, abastecementos que suministran auga non apta, zonas de baño contaminadas, fontes de traídas sen ningún tipo de tipo de análise sanitario….


Javier González, voceiro dos inspectores, sinala que cos efectivos actuais non é posible manter un ritmo adecuado de inspeccións. De feito, denuncia que “a saúde pública descansa polas tardes e os fines de semana”, xa que non hai ningún inspector de garda para cubrir unha eventual emerxencia.


Reclaman medios cos que segundo indican se poderían evitar “crises sanitarias como os brotes de legionelosis en Lugo ou a recente intoxicación do Salnés”.


Emilio Doforno (CCOO) indica que estas alarmas recentes “son a punta de iceberg” dun perigo real, por iso ve necesaria a convocatoria de folga indefinida. Pola súa banda, Rocío Salgado (CSIF) asegura que desatendendo a este colectivo de traballadores a Xunta está “recortando en sanidade e saúde pública”, deixando sen recursos a profesionais que como os médicos e os enfermeiros tamén “están encargados de velar pola nosa saúde”. 


A folga arrancará cunha concentración diante do Sergas a partir das 11:00. 

relacionada ​Os inspectores farmacéuticos acusan á Xunta de actuar “como un piquete esquirol” na súa folga
relacionada ​A Xunta "despreza o perigo da legionella" segundo os sindicatos

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress