Preséntase a bolsa 'Nacho Mirás' para xornalistas recén licenciados

O nome rende homenaxe ao xornalista de La Voz de Galicia falecido no pasado mes de Outubro


|


Este xoves foi presentada a bolsa 'Nacho Mirás', que apoiará proxectos xornalísticos de mozos titulados entre os anos 2013 e 2016. 


Estará dotada cun importe de 5.000 euros e buscará render homenaxe á memoria do falecido xornalista de 'La Voz de Galicia', ademais de servir de "empuxe" ás novas xeracións no seu camiño profesional, tal e como sempre defendeu o propio Nacho Mirás apoiando aos mozos recén chegados á profesión.


A bolsa está impulsada a través da colaboración do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Abanca e a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), donde foi presentada este xoves. 


Durante o acto de presentación , o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Ramón Pousa, lembrou a figura "emblemática" de Mirás, "compañeiro" e docente ao longo de seis anos e "xornalista de raza" desde a súa chegada á redacción da Voz a comezos da década dos 90.



Tamén presente no acto, o director de Comunicación e Relacións Institucionais de Abanca, Isaac González Toribio, enmarcou esta acción na liña da RSC da entidade e na "preocupación" de que os mozos atopen "oportunidades" de impulsar proxectos no seu lugar de residencia e dar "posibilidades" aos recentemente licenciados nun momento "moi difícil" para a profesión.



"Non había mellor nome que Nacho Mirás", engadiu, a quen definiu como unha persoa "honesta, traballadora e de gran talento" que se enfrontou ao seu drama "con moita dignidade".



AULA 'NACHO MIRÁS'



O decano do CPXG, Xosé Manuel Pereiro, explicou que os interesados poderán presentar calquera proposta de traballo xornalístico, tanto escrita como de radio, audiovisual ou fotográfica, entre outros, ademais de para o impulso dun novo medio de comunicación.



O prazo de presentación de propostas terminará o próximo 30 de xuño e un xurado valorará os proxectos presentados e fará unha selección, que se publicará na primeira quincena de xullo. A contía de 5.000 euros poderá ser para un repartirse entre varios dos traballos, se o xurado o considera oportuno.



Xosé Ramón Pousa tamén avanzou que iniciaron os trámites para renombrar a aula informática nº2 da facultade como 'Nacho Mirás', coincidindo co 25 aniversario do centro no que o xornalista contribuíu a formar a novas promesas nesta profesión.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE