#Claves de la semana

A "reválida" de 3º mobiliza unhas vez máis á comunidade educativa

Repítese a chamada á insumisión que tanto éxito acadou nas probas de sexto de primaria


|


Esta semana chegan as "reválidas" de 3º de primaria, previstas para martes e mércores. E unha vez máis chegan envoltas na polémica e coa chamada ao boicot por parte de varias plataformas da comunidade educativa. 


Tralo éxito da abstención nas probas de 6º de primaria, nas que falaron dunha abstención superior ao 80%, cifra que dende a consellería reduciron ata o 40%, pedíronlle á Xunta que asumira "o estrepitoso fracaso" e desconvocara as probas de 3º. 


Pero a administración seguiu adiante co calendario fixado, convencidos de que as probas se irán normalizando co paso dos anos, a pesar de que a negativa dun gran número de familias a mandar aos seus fillos a realizar as probas é algo que recoñecen que non poden "obviar". 


Ante esta decisión as plataformas continúan coa súa chamada ao boicot, organizando ademais concentracións coincidindo coas probas. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (CIG-Ensino, BNG, Anpas Galegas, Erguer!... ) concentrarase este martes coincidindo co inicio das probas ante a consellería de Educación. 


Na mesma liña, a Plataforma en Defensa do Ensino Público (Confapa, CC.OO. Ensino, FETE-UGT....) escenificará o seu rexeitamento tamén este martes cunha concentración ás 10:00 en Boiro, xunto a asociacións de pais da comarca do Barbanza. 



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE