#Claves de la semana

​Denuncian a falta de garantías sanitarias nas piscinas galegas

Os inspectores farmacéuticos retoman este luns a súa folga indefinida


|



Os inspectores farmacéuticos retoman este luns a súa folga indefinida, que manteñen de luns a mércores para denunciar a escaseza de persoal e medios do seu corpo e os riscos para a saúde pública que esta circunstancia trae consigo.


Un deles, a falta de garantías sanitarias nas piscinas galegas a causa da escaseza de inspeccións. Sinalan que no ano 2001 había unha inspección cada 15 días, na que se recollía unha mostra de auga para ser analizada. Pero segundo afirman na actualidade tan só se realiza unha inspección en toda a tempada estival e nin sequera se recolle ningunha mostra.


Sinalan que na actualidade existen aproximadamente 631 piscinas en Galicia, que deben ser controladas por 62 inspectores que contan con “equipos de medición insuficientes e obsoletos, incapaces de medir os valores no rango adecuado, inexactos e imprecisos”.


Pero o que consideran máis grave é que na actualidade non hai inspectores farmacéuticos traballando en horario de tarde nin de fin de semana, por iso segundo denuncian aquelas piscinas que únicamente abren ao público nese horario “non son inspeccionadas”. Son circunstancias que segundo indican van en contra da seguridade e saúde dos bañistas, xa que impiden evitar “os posibles riscos físicos, químicos ou microbiolóxicos derivados do uso destas instalacións”.


SERVIZOS MÍNIMOS E PRESIÓNS


Os inspectores seguen pendentes dos xulgados, onde denunciaron os servizos mínimos impostos pola consellería de Sanidade, que cifran no 53% do total de efectivos.


Mentres tanto, falan dun seguimento da folga do 97%, unha cifra que Sanidade reduce ata o 65,7%.


Os sindicatos tamén denuncian “presións” ás que están sido sometidos os traballadores para que fagan cos servizos mínimos o traballo habitual. Como exemplo, Juan Loureiro (UGT) denuncia que se lle pide aos traballadores que completen a recollida de mostras de praias nos mesmos prazos que en anos anteriores, ignorando as limitacións da folga convocada. 


FACENDA SENTARASE COS INSPECTORES


O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, asegurou hoxe que supón que "próximamente" o seu departamento se sentará "con toda normalidade" cos sindicatos, tras pedir estes a mediación de Función Pública para "desbloquear" a situación. 


"Nós sempre asumimos as nosas competencias", aínda que precisou que neste conflicto "a primeira relación é entre Sanidade e os sindicatos e os profesionais que convocaron a folga". 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE