#Claves de la semana

Máis da metade das camas do Meixoeiro, "inoperativas" durante a fin de semana

Traballadores e sindicatos denuncian o peche da planta 6ª ala 2 do Meixoeiro


|



Durante a pasado fin de semana a dirección do Chuvi pechou a planta 6ª ala 2 do Hospital do Meixoeiro en Vigo, segundo denunciaron traballadores e representantes sindicais da área sanitaria. 


Os propios traballadores foron os primeiros manifestar o seu rexeitamento ante esta medida. A través da organización SOS Meixoeiro organizouse unha concentración improvisada na entrada do hospital para protestar contra o peche de camas. 


Este luns, CCOO emitiu un comunicado denunciando que non se trata do primeiro peche. Recordan que se suma á clausura total da 3ª planta "dende hai meses" e ao peche de fin de semana da planta 4ª ala 2. 


Entre peches de plantas, alas e "infrautilización" das camas nos 'servicios abertos', dende este sindicato denuncian que máis da metade das camas "estiveron inoperativas" durante esta última fin de semana. 


Mentres tanto, aseguran que os traballadores "son desprazados dunhos servizos a outros con cambios permanentes de turnos de traballo". 


Dende este sindicato afirman que a xerencia non lle ten proporcionado datos acerca dos peches previstos para os meses de verán, pero ante este panorama sospeitan que "o record de peche de camas parece asegurado". 


Por iso instan ao Sergas a utilizar todos os recursos dispoñibles "xa que a demanda así o esixe, xa que Vigo ten as maiores listaxes de espera cirúrxicas de Galicia e das maiores de España". 


relacionada Trabajadores y ciudadanos se unen en un gran abrazo al Meixoeiro
relacionada Decenas de miles de personas exigen en la calle el "rescate" de la sanidad viguesa
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE