​SOS Sanidade Pública tratará de blindar a ampliación de Montecelo

|




A plataforma SOS Sanidade Pública tratará de blindar a ampliación do pontevedrés Hospital de Montecelo, levando ao parlamento galego unha iniciativa lexislativa popular para que o proxecto "non teña marcha atrás" e permita construir un centro "público e único" en Pontevedra.


Esperan que nalgún momento a ampliación de Montecelo se convirta non xa "nunha realidade, senón nunha obriga necesaria por lei".


Explican que na actualidade o hospital de Pontevedra non está en disposición de manter o mellor dos servizos debido a diferentes motivos como a súa "división en dous edificios separados por kilómetros de distancia" ou o "incumprimento de condicións mínimas de calidade e confort que debe ter un hospital de enfermos agudos, a raíz do deterioro producido polo paso de tempo e a ausencia de inversións".


Por eso queren asegurarse de que o proxecto de ampliación chegue a bo porto, promovendo unha iniciativa basada no artigo 43 da Constitución, que recoñece o dereito á protección da saúde, correspondendo aos poders públicos organizarse e tutelar a saúde pública mediante medidas preventivas, prestacións e servizos. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress