​O ex-director de conservación da natureza deberá declarar por un suposto delito contra o medio ambiente

|



Ricardo García-Borregón Millán, ex-Director Xeral da Natureza de Agustín Hernández, deberá declarar o vindeiro luns 6 de xuño por supostos delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente, ademais de prevaricación e falsidade documental, segundo informa a organización ecoloxista Adega.


Esta declaración responde a unha denuncia desta asociación recollida pola Fiscalía, na que segundo os ecoloxistas se acusa ao ex alto cargo de ter "cociñado" en 2011 unha autorización ambiental fraudulenta para o dragado da ría de Ferrol, destinado a ampliar o calado de entrada para que puidesen pasar grandes buques. Dende a asociación vinculan este proxecto coa entrada dos gaseiros de Reganosa na ría, aínda que segundo destacan dende a compañía os seus buques xa podían acceder sen necesidade do susodito dragado. 


En todo caso, a base da denuncia dos ecoloxistas atópase en que segundo indican a autorización ambiental estaba baseada nun suposto informe técnico que non figuraba no expediente, mentres que unha vez rematadas as obras "apareceu o informe que, curiosamente, recomendaba a non execución do proxecto polos seus impactos ambientais".


O exdirector xeral de conservación da natureza declarará por estes supostos delitos xunto a Rogelio Fernández Díaz, Subdirector Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade, Javier Turrillo Montiel , Xefe do Servizo de Análise e Proxectos e Carlos Múñoz, Xefe do Servizo de Conservación da Natureza na Delegación Provincial da Coruña.


CULMEN DA "DESASTROSA XESTIÓN DOS ESPAZOS NATURAIS"


Dende Adega aproveitan a cercanía desta declaración para asegurar que este caso representa " a paradoxal culminación da desastrosa xestión da biodiversidade e dos espazos naturais acontecida nos últimos anos".


Denuncian unha "escandalosa inacción, cando non a defensa de intereses alleos á conservación", que ven exemplificada "na desastrosa xestión dos Parques Naturais; humidais protexidos, especies de flora e fauna ameazada..." Pero tamén "na tolerancia ou promoción de actuacións incompatíbles coa protección do noso patrimonio natural: piscifactorías, minas, eólicos, celulosas, eucaliptización de espazos naturais, licenzas ilegais de caza, cacerías de lobos, etc"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress