#Claves de la semana

​A categoría de enfermeiro especialista comeza "os seus últimos pasos" para converterse nunha realidade

O conselleiro de Sanidade defendeu a creación desta nova categoría estatutaria no Sergas


|




O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, asegurou este luns que a creación da categoría de enfemeiro especialista no Sergas xa está comezando “os seus últimos pasos para a súa culminación", converténdose nunha "realidade".


Almuíña defendeu a creación desta nova categoría estatuaria, que segundo destacou foi aprobada con unanimidade das organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Sanidade e posibilitará "a incorporación do novo persoal titulado das especialidades de enfermería en condicións de pleno recoñecemento normativo e profesional”.


Sen dar prazos concretos sobre a súa posta en marcha, o conselleiro sí asegurou que se procedería á creación e dotación progresiva de prazas, en función das necesidades reais da organización.


Almuíña fixo estas declaracións no acto de clausura da II Xornada de Residentes de Enfermería Familiar e Comunitaria de Galicia, onde tamén falou da importancia dos profesionais de enfermería comunitaria, que segundo destacou representa o grupo profesional máis cercano á poboación e, en moitas ocasións, o máis accesible e dispoñible para a cidadanía.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE