Méndez Romeu podería dimitir este mesmo martes
Sopesa deixar o seu posto como voceiro parlamentario do PSdeG trala súa derrota nas primarias
Xosé Luis Méndez Romeu atópase nunha encrucillada: tras perder as primarias do PSdeG fronte a Xaquín Fernández Leiceaga, pódeselle facer moi costa arriba seguir interpelando a Alberto Núñez Feijóo como voceiro parlamentario do partido.
Por iso sopesa seriamente dar un paso atrás e presentar a súa dimisión. A pesar da chamada á unidade do seu rival nas primarias e do ofrecemento explícito de que seguise no seu posto, Méndez Romeu ten convocado aos xornalistas para este martes ás 11:00, nunha roda de prensa que soa a despedida.
Esta dimisión, aínda sen confirmar, forzaría ao novo candidato socialista a tomar a súa primeira gran decisión. A pesar de que non sería responsable directamente de nomear ao sucesor de Romeu para o que resta de lexislatura, o seu reemplazo podería verse como o primeiro paso da renovación do partido comprometida por Leiceaga.
Escribe tu comentario