#Claves de la semana

​O peche de camas é un "debate sen fundamento" para Almuíña

A pesar das concentracións de protesta e do peche indefinido que se mantén no hospital do Meixoeiro


|



A polémica polo peche de máis de 900 camas previsto para este verán polo Sergas, que provocou concentracións en varias cidades galegas e un peche indefinido no Hospital Meixoeiro de Vigo, responde a un "debate sen fundamento" para o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña.


Insiste na mesma idea que este xoves transmitía o presidente da Xunta, asegurando que "todo galego que precise hospitalización" terá acceso a ela "sen problema". Asegura que "hoxe en día a actividade hospitalaria, por petición dos propios pacientes, cada vez é máis ambulatoria", algo que diminúe a "estancia media nos hospitales":


Ademais, destaca que durante o verán hai "unha diminución" do número de persoas que chegan aos hospitales, un feito que vincula coa inexistencia de episodios de gripe neste período. "E, lóxicamente, temos que dar vacacións ao persoal", engade.


CONTINÚA O PECHE NO MEIXOEIRO


Non ten pinta de que os argumentos do conselleiro vaian convencer aos traballadores que seguen pechados no vestíbulo do vigués Hospital do Meixoeiro, un dos máis afectados polos peches de camas.


Comezaron o pasado mércores e dende entón mantén gardas que non se interrumpen en ningún momento, cunha reserva de centos de profesionais e usuarios apuntados, que pensan manter ata reunirse co conselleiro.


Acerca desta cuestión, Almuíña asegura que "se alguén se ten reunido" cos traballadores en comparación con outros conselleiros foi el, recordando que tivo encontros con eles "ao cuarto día de tomar posesión" e se reuniu con SOS Meixoeiro "en máis dunha ocasión". 


Asegura que está aberto ao diálogo, pero sostén que queren discutir "as cousas que realmente benefician ao cidadán e tamén ao traballador", mantendo que o que non se pode facer é "abrir camas por abrir". 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE