​O PP rexeita a facenda propia proposta polo bloque

|


O Partido Popular rexeitou este martes no pleno do parlamento a toma en consideración do concerto económico plantexado polo BNG, considerando que sería “moi contraproducente para os intereses de Galicia".


Trátase dun proxecto de lei presentado o sábado pasado, que presenta unha facenda propia que recade e xestione o 100 por 100 dos impostos que pagan os galegos, capacidade normativa fiscal plena e unha banca pública para canalizar o aforro do país cara ás familias e empresas.


Os nacionalistas estiman que Galicia perdeu 8.464 millóns desde 2009 por non contar con un concerto deste tipo. Pero Pedro Puy, voceiro do Partido Popular, non comparte "nin as contas da vella" que fan os nacionalistas "nin a filosofía subxacente" á iniciativa.


Por iso o seu grupo, , maioritario no Parlamento de Galicia, votou en contra da admisión a trámite da proposición de lei do BNG bloqueando a súa eventual presentación ante o Congreso.  

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress