#Claves de la semana

O descenso do Miño en piragua ábrese aos aficionados

Un descenso popular complementará a  proba competitiva na que participarán 400 palistas


|

Mio 3


O Río Miño converterase o vindeiro día 18 nunha verdadeira festa das piraguas, nun evento que unirá descenso popular e competición deportiva.


Trátase da 48 edición do Descenso do río Miño, unha proba na que participarán máis de 400 palistas procedentes de clubs de Galicia, Asturias, León e Portugal, recorrendo os 17 km que separan os Peares do embalse de Velle, tanto en kayaks individuais como dobles.



Pero iso non será todo. Este ano engádense por primeira vez xornadas de iniciación para menores de entre 10 e 17 anos e un descenso popular non competitivo para todos aqueles que simplemente queiran divertirse ou disfrutar das paisaxes do río.


Os prazos para anotarse nas probas non competitivas seguen abertos ata o vindeiro día 15. Os menores de 10 a 17 años poderán anotarse nun dos tres turnos de 45 minutos, dirixidos por un técnico da Federación de Piragüismo, na web fegapi.org Neste mesmo espacio web poderán tambén anotarse os adultos que queiran participar no descenso popular de 7'5 kilómetros dende Barra de Miño. Só é preciso saber nada e pagar 7 euros de inscripción e 5 máis polo alquiler da embarcación.



Ao acto de presentación deste evento asistiron o alcalde do concello de Ourense, Jesús Vázquez; José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; José Alfredo Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo;Tono Casteleiro, técnico da Federación de Piragüismo; Marta Míguez, coordinadora do Consello Municipal de Deportes de Ourense; e o Director territorial de Viaqua, Julio Masid, avalando o seu patrocinio para a proba.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE