#Claves de la semana

​O BNG reclama debates entre os candidatos galegos

Insta aos demais candidatos a "non esconderse" e expoñer as súas propostas para Galicia


|

Bngparodia




A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, non está satisfeita co debate a 4 entre os principais candidatos das próximas eleccións xerais. Por iso reclama máis debates a nivel galego, que poderían emitirse a semana que vén na TVG en horario de máxima audiencia.


Insta aos demais candidatos a "non esconderse", xa que "os galegos e galegas teñen dereito a saber que propoñen esas forzas políticas para Galicia", apuntou en alusión ao PP, o PSdeG e En Marea.


A proposta do bloque consistiría nun debate entre os líderes dos partidos en Galicia, pero tamén outros catro entre os cabezas de lista das catro provincias galegas.


A todos eles, instoulles "a dar a cara" e a debater. "Porque os galegos teñen ese dereito", apuntou sobre as propostas que defende cada partido. "Que non se escondan detrás dos candidatos de plasma", recalcou.


APOIOS DO BNG


Mentres, preguntada pola posibilidade de apoio por parte do BNG a algunha forza política, en caso de obter representación nestes comicios, dixo que o que esta formación ten "claro" é que non vai existir "posibilidade de acordo entre o bipartidismo da esquerda nin o de dereitas".


Ademais, reiterou que a súa "liña vermella" é "a defensa de Galicia". "O BNG nunca deixou que gobernase o PP, outros tiveron cinco meses e non o fixeron", sinalou sobre a imposibilidade de acordo entre os anteriores comicios.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE