O gasto medio nos fogares galegos medra por primeira vez dende que comezou a crise

|


Praza abastos


O gasto medio por fogar galego situouse en 26.381,32 euros en 2015, o que significa un incremento do 1,8% con respecto ao ano anterior, segundo a Enquisa de Orzamentos Familiares que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).


Mentres, o gasto medio por persoa en Galicia o pasado exercicio alcanzou os 10.549 euros, cifra inferior en 411 euros á rexistrada pola media (10.960 euros), pero que supón un aumento do 2,7% respecto ao ano anterior.


En canto ao conxunto estatal, o gasto medio por fogar o pasado exercicio foi de 27.420 euros, 382 máis que en 2014, o que supón un aumento anual do 1,4%.


Este incremento do gasto medio por fogar é o primeiro desde 2008. En termos constantes, é dicir, eliminando o efecto dos prezos, o gasto medio por fogar aumentou un 2,2%.


O gasto medio por persoa en termos correntes foi de 10.960 euros en 2015, o que supuxo un aumento do 1,9% respecto ao ano anterior. A variación en termos constantes foi do 2,7%.


Pola súa banda, o gasto total do conxunto dos fogares residentes en España, medido en termos correntes, aumentou un 1,8%. En termos constantes creceu un 2,6%.


POR GRUPOS


O gasto medio por fogar aumentou na maioría dos 12 grupos analizados. É a primeira vez que isto sucede desde o ano 2008, segundo destaca o INE.


Os grupos nos que o gasto medio por fogar creceu de forma máis significativa foron hoteis, cafés e restaurantes, cuxo gasto se incrementou un 9,1% respecto de 2014.


Este comportamento debeuse a que os fogares aumentaron o seu gasto en comidas e bebidas fóra do fogar en 207 euros (un 9,6%). Mobiliario, equipamento e outros gastos da vivenda, que rexistrou unha taxa anual do 5,9% (65 euros máis) debido á subida xeneralizada de todos os seus compoñentes.


Lecer, espectáculos e cultura, cunha variación do 3,9% (60 euros anuais máis), motivada polo aumento do gasto en vacacións todo incluído (do 6,8%) e en artigos e equipamentos recreativos (do 6,0%).

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress