#Claves de la semana

SOS Meixoeiro e sindicatos volverán a mobilizarse contra o “desmantelamento” do hospital

Denuncian que o Sergas non cumpre cos plans anunciados para esta infraestrutura, que intenta desmantelala de cara á privatización e que o oculta aos traballadores a aos pacientes. 


|


Movilizacions meixoeiro


Os sindicatos da Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) e a plataforma SOS Meixoeiro convocaron unha nova manifestación para denunciar o "desmantelamento" deste hospital, que discorrerá polos arredores deste edificio sanitario o mércores ás 20.00 horas.


Segundo explicou o portavoz dos traballadores, Anxo Cameselle (CC.OO.), o hospital Meixoeiro "ten problemas de subsistencia" xa que o Sergas non cumpriu os plans anunciados para esta infraestrutura. Así, sinalou que non ten operativas as camas prometidas “en áreas de oncoloxía, coidados paliativos e cirurxías programadas".


O representante sindical sinalou que as protestas se manterán porque os traballadores (algúns dos cales se rotan para participar nun peche que xa dura 21 días) queren que se lles garanta "que o Meixoeiro ten futuro". Tamén criticou que non se aproveiten as súas instalacións para situar unha UCI, unha unidade de críticos e Reanimación. "Prefiren mantelo así", lamentou.


Na mesma liña, Manuel González Moreira (CIG) recalcou que a situación da área sanitaria viguesa é resultado dunha "decisión política" de "cambiar o modelo sanitario" para avanzar cara á privatización. "Trátase de desmantelar o Meixoeiro para que outros fagan negocio", sentenciou, á vez que apuntou que se incrementan as derivacións de pacientes a centros privados.


O presidente de SOS Meixoeiro, Miguel Alonso, pediu a "dimisión en bloque" de todo o equipo directivo do Chuvi e do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e subliñou que o que ocorre no Meixoeiro "non se lle pode ocultar aos traballadores nin aos pacientes".


PROBLEMAS CONSTANTES NO SERVIZO DE ESTERILIZACIÓN


Por outra banda, os sindicatos volveron a denunciar a existencia de "problemas constantes" no servizo de esterilización, que se atopa precisamente no Meixoeiro, a pesar das denuncias da Xunta de Persoal porque non exista unha unidade de esterilización no Hospital Álvaro Cunqueiro.


Anxo Cameselle asegurou que os sindicatos recibiron varias denuncias de pacientes que non puideron ser operados porque "non chegaba o material de esterilización ou chegaba nunhas condicións non adecuadas para intervir".


“A xerencia o sabe”, porque os profesionais deixan constancia por escrito das incidencias e suspensión de operacións cirúrxicas, engadiu.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE