#Claves de la semana

As Mareas, divididas polo nome que encabezará a lista das autonómicas

Xulio Ferreiro aposta por ir "presentando á sociedade" o candidato, mentres Martiño Noriega prefire agardar para evitar desgaste.



|


Noriegaferreirosuarezmareas


O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega (Compostela Aberta), considera que ten vantaxes que o nome do candidato ou candidata á Presidencia da Xunta por parte da confluencia aínda non se coñeza, para evitar a súa exposición, mentres que o seu homólogo da Coruña, Xulio Ferreiro (Marea Atlántica), aposta por lanzar canto antes o nome.


Noriega "non comparte" que vaia en contra do proceso de unidade popular que aínda non se coñeza o nome do candidato. "O tempo de exposición pode ser contraproducente polas resistencias que representan o día a día no país", manifestou en referencia a posibles ataques que podería recibir.


Por iso, en declaracións aos medios en Santiago ao ser preguntado por iso, xulgou que podería ser "mellor telo ou tela escondida algún tempo" para que, ironizou, non "recaia o peso da lei" sobre a persoa que encabece a lista da confluencia.


Pola súa banda, o rexedor coruñés manifestouse noutra liña ao entender que "é importante que se vaia presentando á sociedade quen vai ser o próximo presidente da Xunta de Galicia" e apostou por que se coñeza este mes de xullo, para evitar que se "bote encima o período electoral".


Aínda que recoñeceu que "todos teñen nomes na cabeza", evitou falar deles, incluído ao ser preguntado por Xosé Manuel Beiras, manifestou que hai que falar de "características". Así mesmo, defendeu a necesidade de que sexa alguén que "poida representar a todo o mundo", tanto ás organizacións políticas que participan da confluencia, como das mareas municipalistas.


Pola súa banda, o rexedor de Ferrol, Jorge Suárez (Ferrol en Común), apuntou que "agora toca" a todos os integrantes de En Marea "enterrar dunha vez por todas a machada de guerra, deixarse de leas e poñerse a traballar, construír un proxecto de país" e deixar as "diferenzas internas" para apostar pola "candidatura de unidade popular".


REFLEXIÓN


Precisamente este martes, a través dun comunicado, Marea Atlántica apelou a realizar "unha reflexión" e "corrixir o rumbo" para as eleccións autonómicas.


Marea Atlántica, que participou no proceso denominado Mareas en Común, apostou por que En Marea "se reforece e abra o seu espazo, para recuperar os espazos perdidos e sumar a todas as persoas, entidades e as organizacións críticas con sete anos de desgoberno de Alberto Núñez Feijóo".

relacionada ​Noriega ve en Galicia "más sintonía" con el PSOE para construir un Gobierno
relacionada En Marea recoñece que ten que repensarse tras uns malos resultados "que non esperaban"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE