Álvaro Santos é xa vicepresidente da remodelada Deputación de Lugo

|

Alvarosantos


O portavoz socialista do goberno provincial de Lugo, Álvaro Santos, será o novo vicepresidente da Deputación trala saída dos dous deputados do BNG. Na presentación da remodelación do goberno celebrada este venres nos xardíns da sede da institución e á que acudiron todos os deputados socialistas, o presidente provincial, Darío Campos, explicou que Santos asumirá "cooperación cos concellos, emprego, benestar e igualdade" tras lembrar que o ano pasado xa se ocupaba da área de cooperación, na que presentou "iniciativas pioneiras".


O novo departamento de "innovación, participación cidadá e mocidade" ocuparao Pablo Rivera; mentres que cultura e artesanía será responsabilidade de Pilar García Porto. Anteriormente, tanto deportes como cultura estaba en mans dos deputados nacionalistas.


Así mesmo, a alcaldesa de Trabada, Mayra García, asumirá as áreas de economía e facenda tras a súa chegada á corporación provincial en substitución da rexedora de Viveiro, María Loureiro, que se deu de baixa do PSOE e deixou a Deputación para enfrontarse a un xuízo sobre supostos delitos urbanísticos que está pendente de sentenza.


Na rolda de prensa, o presidente provincial tamén anunciou varios investimentos tras a aprobación das contas con "un impacto de once millóns de euros" para o conxunto da provincia, cunha maior incidencia "nos concellos e o tecido asociativo".


Ademais, Darío Campos volveu "tender a man" ao BNG, tras a súa renuncia ao bipartito, e asegurou que se "tentou buscar o acordo con eles minutos antes de entrar no pleno (de orzamentos) para que fose un acordo de consenso".

relacionada ​Darío Campos reestrutura o executivo provincial trala saída dos edís do BNG
relacionada ​As Deputacións da Coruña e Pontevedra non temen fracturas nos seus pactos

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress