​O Sergas dará cobertura sanitaria aos menores saharauis acollidos no verán

|

SaharauisergasOs 325 menores saharauis que se desprazan a Galicia dentro do programa Vacacións en Paz 2016 terán cobertura sanitaria durante o período vacacional. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregoulle á presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla Avión, os documentos acreditativos que garanten a asistencia. No acto estivo presente, tamén, a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Josefina Monteagudo Romero.


Dende hai varios anos, numerosas familias galegas acollen nos seus fogares a nenos e nenas saharauis procedentes dos campamentos de refuxiados durante o período de vacacións de verán. Este ano, concretamente, a súa estadía comeza o 10 de xullo e remata o 10 de setembro.


No que respecta ás prestacións sanitarias, a colaboración establecida entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui inclúe a atención primaria, a atención especializada, e as prestacións farmacéuticas.


Na atención primaria, enmárcanse a atención sanitaria nas consultas, servizos e centros de saúde; a indicación ou prescrición e a realización de probas e medios diagnósticos; as actividades programadas en materia sanitaria como a vacinación, exames de saúde e outras medidas de prevención, promoción e rehabilitación; e, ademais, programas de atención á infancia e a urxencias.


Doutra banda, en canto á atención especializada, inclúese a asistencia ambulatoria especializada en consultas, que pode abarcar os procedementos cirúrxicos menores; a asistencia ambulatoria especializada no hospital de día, que abrangue a asistencia médica, a cirúrxica, a obstétrica e a pediátrica para procesos agudos, a reagudización de procesos crónicos ou a realización de tratamentos de procedementos diagnósticos que así o aconsellen; ademais da asistencia especializada en réxime de hospitalización.


Respecto da prestación farmacéutica, a colaboración establecida abrangue a dispensación prestada en réxime de internamento e a prescrita en réxime extrahospitalario.

relacionada Centenares de personas denuncian en Galicia la "intolerable situación" que viven los refugiados

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress