​Investigan a un condutor de bus por xogar ao Pokemon Go durante unha ruta

Unha pasaxeira colgou en Facebook unha foto denunciando a situación. Tráfico está a comprobar a "veracidade" da acusación.


|

Conductorbuspokemongo 1

Unha das imaxes que se estenderon pola rede. //Facebook


O Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (GIAT) investiga se un condutor de autobús da provincia de Pontevedra xogou coa aplicación de realidade virtual Pokemon Go durante unha ruta, o que lle pode reportar, segundo advertiu o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, unha "sanción grave".


En declaracións aos medios previas á participación nun acto, Santiago Villanueva explicou que a investigación se iniciou por mor dunha denuncia que fixo en Facebook unha pasaxeira, que colgou unha foto referindo ese suposto feito e que se espallou pola rede social.


Deste xeito, agora investígase a "veracidade" da denuncia, comprobando os datos e coas declaracións dos implicados. Tamén se lle pediu á empresa que identificase o traballador.


Se se demostran os feitos, explicou Santiago Villanueva, supoñería unha "sanción grave", xa que está prohibido o uso de dispositivos móbiles. Tamén se investiga se se causou un "grave perigo" na circulación.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE