#Claves de la semana

Controlado o incendio de Santiago despois de arder máis de 47 hectáreas

A Policía Autonómica investiga catro presuntos autores de lumes forestais ocorridos en distintos puntos de Galicia este mes.


|

Incendiohelicopterp


O incendio forestal rexistrado na comarca de Santiago de Compostela desde a madrugada do mércores foi controlado pasadas as 6 da tarde.


Segundo precisou a Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse sobre as 1,30 horas da madrugada deste mércores na parroquia de Santa Cristina de Fecha e segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 47,19 hectáreas, das cales 40 son de arborado e as 7,19 restantes de raso


No control deste incendio traballaron 14 axentes, 27 brigadas, 16 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 2 avións.



CATRO INVESTIGADOS POR OUTROS TANTOS INCENDIOS


A Policía Autonómica investiga a catro presuntos autores de incendios ocorridos nas provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña no último mes.


En concreto, no caso da provincia de Pontevedra, investígase ao suposto autor do incendio forestal que tivo lugar o pasado venres en Currás, na localidade de Marín, e que afectou a unha superficie de 10.000 metros cadrados, segundo indicou a Xunta nun comunicado.


O lume produciuse, supostamente, debido a unha imprudencia do investigado e, na súa extinción, participou o persoal do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta. Os feitos foron remitidos ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de garda de Marín.


Por outra banda, na provincia de Ourense investígase a dous presuntos autores de dous incendios que tiveron lugar o pasado 13 e 19 de xullo. O primeiro deles afectou a unha superficie rasa de 200 metros cadrados da parroquia de Bieite, en Leiro; mentres, o segundo tivo lugar na parroquia de Prexigueiro, no municipio de Pereiro de Aguiar, e afectou a 700 metros cadrados.


FALTA DE PRECAUCIÓNS


De acordo coa investigación, os homes realizaron traballos agrícolas sen tomar as medidas de prevención necesarias, a pesar de que o índice de risco de incendios estaba catalogado como extremo na provincia de Ourense.


Por estes feitos, instruíronse dilixencias que foron remitidas, no primeiro caso, ao Xulgado de Instrución de garda de Ribadavia e, no segundo, ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, en funcións de garda, de Ourense.


Ademais, a Policía Autonómica de Santiago esclareceu outro incendio causado por un accidente de tráfico ocorrido no municipio de Val do Dubra (A Coruña) o pasado 19 de xullo. O lume afectou a unha superficie de 2.000 metros cadrados e deuse conta ao Xulgado de Instrucións, en funcións de garda, de Ordes dos feitos.

relacionada Case toda Galicia, en risco de incendio moi alto ou extremo
relacionada ​Activo un incendio forestal en Santiago
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE