#Claves de la semana
​TRAS CASE MEDIO SÉCULO PECHADO

Verín recupera o manancial de Fontenova

Con esta apertura, as tres fontes tradicionais de Verín (Cabreiroá, Sousas e Fontenova) xa se encontran en pleno funcionamento e integradas na rota da auga da Eurocidade Verín-Chavecello de Verín


|

FONTENOVA 123

Gerardo Seoane (izq.) e o tenente de alcalde, Diego Lourenzo reabriron hoxe oficialmente ao público o manancial de Fontenova, recentemente restaurado polo ente municipal e que levaba clausurado, sen funcionamento efectivo, desde a década dos setenta. Coa apertura de Fontenova, as tres fontes tradicionais de Verín (Cabreiroá, Sousas e Fontenova) xa se encontran neste momento en pleno funcionamento e integradas na rota da auga da Eurocidade Verín-Chaves, proporcionando asistencia médica, pack do auguista e diploma acreditativo.


As fontes, grazas á financiamento da Eurocidade Verín-Chaves, abrirán todos os días da semana, en horario de 08:00 a 14:00 e 18:00 a 20:00 horas, con presenza orientativa de especialistas e distribución do pack do auguista, que inclúe unha guía certificada sobre as propiedades das augas, o vaso encartable para o percorrido e o diploma acreditativo, que servirá para promocións e sorteos.


FONTENOVA MANANTIAL ANTES2

Estado anterior do manancial (foto: Carlos Montero) 


MANANTIAL FONTENOVA TRASRESTAURACION1

Estado do manancial, tras a restauración (foto. Carlos Montero)


O alcalde de Verín, destacou o emblemático do retorno do auguismo a Verín. “Queremos volver a arrancar este motor, que moveu en tempos toda a economía de Verín. Esta máquina que nos levou por toda España, non pode seguir parada”.


Seoane avogou por “recuperar o valor económico e cultural da auga en Verín, xusto cando estudos recentes recoméndanlle á Seguridade Social voltar a receitar a hidroponía, cura con auga, como complemento de medicina preventiva”. “Nos non imos alardear agora de instalacións nin de despregue de medios, imos arrancar de novo o auguismo en Verín”, insistiu, “agradecendo ós propietarios das fontes o seu apoio incondicional.


Pola súa banda, o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, fixo especial fincapé en que “coa recuperación do manancial de Fontenova cúmprese un dobre obxectivo. Por unha banda, a posta en valor das nosas augas e a recuperación do aguismo no concello e, doutra banda, a valorización do noso patrimonio xa que Fontenova constitúe un elemento arquitectónico único e é noso deber mantelo e coservarlo para as xeracións vindeiras”.


“Espero que este novo servizo atraia a moitos auguistas e volvamos a posicional a tradición das augas de Verín na primeira liña do que son as prioridades entre os turistas que nos visitan” terminou Lourenzo.


FONTENOVA3

Recomendacións

O balneario da fonte orixinal de Cabreiroá esta recomendado para as afeccións das vías urinarias, trastornos gastro-hepáticos, cólicos e cálculos da vesícula, así como para a diabetes.

A de Sousas é para problemas do ril, hipercloridia, gastralxia, enterite crónica e prostatite crónica. A de Fontenova, para os cálculos úricos, reumatismo, gota e padecementos de estómago e vesícula.

Todos eles presentan a presenza de sales minerais en auga que se infiltrou durante anos no subsolo, sendo unha perfecta bebida para a reposición de minerais durante o proceso de hidratación.


FONTENOVA 6


O Pasaporte da Ruta Termal e da auga.

Este innovador pack composto por: o pasaporte do auguista para selar nos mananciais que compoñen a ruta (Sousas, Cabreiroá, Fontenova, Chaves e Vidago), un vaso para as tomas de auga mineromedicinal e unha bolsa porta documentos será posto a disposición dos turistas e visitantes nos postos de atención turística dos municipios e será un gran atractivo para facer esta ruta trasnsfronteriza que obsequiará aos auguistas que completen a ruta selando o pasaporte cun diploma de "embaixador das augas de Chaves-Verín".


O funcionamento do pasaporte é sinxelo. En calquera oficina de turismo da Eurocidade entregarase de maneira gratuíta o Pack do Auguista, cuxo elemento central é o Pasaporte, unha guía de viaxe no cal os turistas, que así o desexen, irán gravando os selos que certifican o paso polas distintas fontes e que permitirá, ao final do percorrido, recoller o Diploma de Embaixador das Augas de Chaves-Verín.


A Ruta Termal e da auga percorre, ao longo do río Támega, os seus múltiples mananciais. As augas de Cabreiroá, Sousas ou Fontenova en Verín son referencia histórica e levan décadas envasándose para comercializarse en mercados cada vez máis amplos. Menos coñecido fóra do val de Monterrei, pero máis popular para os verineses, atópase a “Fonte do Sapo”. Pola súa banda, en Chaves atópase a Fonte do Povo, coas súas augas hipertermales, alimenta unha tradición de turismo de saúde e benestar que se remonta aos tempos romanos. Finalmente, as fontes de Vidago conseguiron atraer todo o máis selecto da sociedade europea a principios do século XX.


A Ruta Terma e da auga convida a pararse en cada unha das vilas. Os conxuntos históricos de Verín e Chaves presentan un excelente estado de conservación e son perfectamente abarcables mediante percorridos peonís. Restaurantes, terrazas en prazas con encanto e coquetas tendas de produtos típicos enriquecen o noso percorrido mentres nos movemos entre a arqueoloxía romana ou a omnipresente arquitectura defensiva medieval. Máis ao sur, Vidago mantén viva e renova o espírito da idade de ouro dos balnearios.


Instrucións sobre como percorrer a Ruta Termal e da auga e facerse Embaixador das Augas de Chaves-Verín


1. Pasa por calquera das oficinas de turismo de Chaves-Verín e solicita o teu Pack do Auguista. Inclúe todo o necesario para realizar a Ruta.


-Pasaporte: É a guía de mananciais e no iremos incorporando os selos que, cal visados, certifican o paso polos mananciais.

-O vaso oficial da Ruta.

-A Guía de Ruta.

-Lapis, para gravar os selos.

-Bolsa oficial.


2. Percorre os seis mananciais, situados nas tres localidades (Verín, Chaves e Vidago).


-Proba as augas e coñece as súas propiedades.

-Grava o selo de cada fonte. Xunto a cada unha atoparás un punto de selado no que ti mesmo, co lapis, podes realizar o “visado”.

-Goza das contornas naturais e urbanas antes de proseguir viaxe.



3. Mostra o teu Pasaporte cos seis selos en calquera das oficinas de turismo e recibirás o teu Diploma de Embaixador das Augas de Chaves-Verín. 

Ademais deixa os teus datos persoais e participarás no sorteo anual de: unha estancia para dúas persoas en Chaves-Verín /tratamento Termas, etc.



4. Fala aos teus amigos que estiveches nunha terra, dacabalo de dous países, na que a auga ten outro sabor.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE