#Claves de la semana
CON "FORA DE MAPA”

O ourensán Emilio Fonseca gaña o XI Premio de Banda Deseñada Castelao

O xurado apreza en "Fóra de mapa" unha obra de gran ambición

 

|

EMIILIOFONSECA

Os membros do xurado Miguelanxo Prado e Goretti Sanmartín, mostran a portada da obra


A obra "Fóra de mapa" de Emilio Fonseca Martín (Ourense, 1978) foi seleccionada por unanimidade do xurado como gañadora do XI Premio de Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña. Destacou a necesidade e abrir unha nova liña destinada a público infantil e xuvenil. 


Un xurado composto polos recoñecidos autores Miguelanxo Prado, Juan Díaz Canales e Jorge González Varela e presidido pola responsábel da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín decidiu premiar, por unanimidade, a obra "Fóra de mapa" de Emilio Fonseca Martín, presentado co lema "Mariña aboa". Destacaron como finalista a obra "Terra Incógnita" presentada co lema MAD+DOG.


Na deliberación insistiuse na posibilidade de creación dunha nova categoría para banda deseñada destinada ao público infantil e xuvenil e, neste sentido, destacou moi especialmente a obra "Curuxa. A voz de Azazel", presentada co lema Curuxa, "perfectamente publicable que pon de manifesto a necesidade de abrir unha vía específica para as obras dirixidas a un público infantil/xuvenil dentro do Premio de Banda Deseñada Castelao". A responsábel da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín, valorou especialmente esta proposta que contribuiría a crear novo público lector de banda deseñada na nosa lingua.


O xurado apreza en "Fóra de mapa" unha obra de gran ambición "cun guión rico, ben documentado e estruturado; un debuxo eficaz con moi bos recursos expresivos e bo tratamento da imaxe que provoca unha lectura fluída e engaiolante".


Salienta tamén a calidade da obra finalista "Terra incógnita", na que destaca o "interese da historia e as solucións gráficas empregadas", polo que recomenda a súa publicación.


EmilioFonsecagpr

Emilio Fonseca Martín (Ourense, 1978), reside en Barcelona e é licenciado e investigador en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid. Ten traballado no ámbito do vídeo, a animación, a ilustración, páxinas web ou recursos educativos e artigos de investigación e fundou, xunto a Xiana Gómez-Díaz a produtora audiovisual Walkie Talkie Films. Dirixiu o documental "Queimar o monte", sobre os incendios forestais en Galicia e partipou tamén no proxecto de cooperación española Chaco Ra´anga, para o que realizou o cómic "Verde Invisible", sobre o Gran Chaco latinoamericano.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE