​Os deportistas galegos poden dar hoxe algunha alegría

|

Cristiantorok2

Cristian Toro e Saúl Craviotto.//Foto: toro_ct7 twitter


O 'medalleiro galego' agarda estrearse nesta xornada por todo o alto. O lugués Cristian Toro compite xunto a Saúl Craviotto a partir das 3 menos cuarto da tarde pola medalla no K2 200m de piragüismo. Onte metéronse directamente na final ao gañar a súa serie por tres décimas de vantaxe con respecto aos segundos. 


A regata definitiva para Támara Echegoyen dispútase esta tarde e chega líder da clase FX 49 de vela, coa súa compañeira Berta Betanzos. Busca revalidar a coroa olímpica conquistada en Londres.


E ante a ausencia de Gómez Noya, a última das posibilidades 'galegas' hoxe será para Fernando Alarza, triatleta de Talavera afincado en Lugo. Chega á cita olímpica segundo nas Series Mundiais para pelexar xunto con Mario Mola, primeiro, por subir a un podio para o que son favoritos os irmáns Brownlee. Os británicos limitaron esta tempada a súa participación nas Worl Series para preparar os Xogos.


O resto da delegación española tamén compite hoxe con opcións de medalla. No C1 200m de piragüismo, Sete Benavides está na final. E outras deportistas pelexan por superar as semifinais: Carolina Marín en bádminton e a selección feminina de básket, que se mide a Serbia.

relacionada ​Támara Echegoyen camiña cara ao ouro

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress