Unha película rodada en Galicia, precandidata aos Óscars

|


Almodovarjulieta


Hoxe foi a quenda da primeira rolda de votación para as películas españolas, onde os académicos tiveron que decidir tres longametraxes das 42 estreadas entre o 1 de novembro e o 30 de setembro deste ano.


As afortunadas para representar a España nos Óscar foron Julieta, de Pedro Almodóvar, El Olivo, de Icíar Bollaín, e La Novia, de Paula Ortiz. Aínda que a seleccionada finalmente, xa que só pode ir unha, non se saberá ata o próximo 7 de setembro.


Unha boa nova para o cine español e tamén para Galicia, onde foi parcialmente rodada a cinta. As dúas localidades costeiras que recibiron ao equipo de rodaxe en xuño de 2015 foron Ares e Mugardos. Na praza do Pedregal e ao redor da rúa Nova de Redes instaláronse sete camións e alugáronse tres casas para a gravación, que recrea neste tramo a historia de amor de Julieta e Xoan. Redes xa fora escenario de sériea Pai Casares.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress