#Claves de la semana

​Compromiso por Galicia aproba as súas listas para o 25S

O secretario xeral de Compromiso, Xoán Bascuas, aspira á presidencia da Xunta de Galicia por Compromiso. Tamén Cidadáns-Centrum pechou as súas listas con Jorge Álvarez Castrillón como candidato do novo partido.


|

CXG


O Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia aprobou este mediodía as candidaturas para ás eleccións galegas do vindeiro 25 de setembro. O secretario xeral de Compromiso, Xoán Bascuas, que aspira á presidencia da Xunta de Galicia, destacou que as listaxes están conformadas por “homes e mulleres, xente moza e non tan moza, que procedemos de aldeas e cidades de Galicia que, con certeza, contribuiremos a pór sentido común ao cambio que se aveciña”.


Bascuas expresou o seu optimismo en referencia ós vindeiros comicios para que traían “un cambio en chave de país, positivo e comprometido” e deixou claro que “Compromiso é unha forza de xentes do pobo e que nada adebeda a ninguén máis que ao pobo que nos levará ao Parlamento para traballar por el”.


CIDADÁNS-CENTRUM


O enxeñeiro agrícola Jorge Álvarez Castrillón será o candidato á Presidencia da Xunta de Cidadáns-Centrum, tras a reunión do comité electoral da coalición celebrada este venres na que se pecharon as listas pola Coruña e Pontevedra.


Segundo informou a través dun comunicado Cidadáns-Centrum --alianza creada por Cidadáns de Galicia e Vía Centrum Partido Demócrata--, Jorge Álvarez encabezará a candidatura pola Coruña, seguido por Martín Girondo e José Luis Méndez Otero, presidente de Vía Centrum e excandidato á alcaldía de Ferrol por UPyD.


En canto á lista de Pontevedra, o número uno é para o presidente de Cidadáns de Galicia, José Antonio Bibián. Lucía Maneiro, Manuel Igrexas, María José Galego e Javier Nemesio completan o primeiros cinco postos da candidatura pola provincia pontevedresa.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE