#Claves de la semana

Formación en novas tecnoloxías para persoas con discapacidade da man da Fundación ONCE


|

Cursoofimatica


A Asociación Inserta Empleo, entidade de formación e emprego da Fundación ONCE, vén de adherirse como aliado dixital ao Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).


No marco desta colaboración ambas entidades veñen de poñer en marcha a iniciativa “Formación e CODIX para persoas con discapacidade” para ofrecer capacitación en ofimática a persoas en situación de desemprego con certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%, co fin de garantir o seu acceso ao mercado laboral.


A Asociación Inserta Empleo xa realizou as primeiras actividades formativas de ofimática nas aulas da Rede CeMIT de A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Santiago e Lugo, nas que desenvolverá as 190 horas formativas do curso para a obtención da certificación en ofimática (CODIX).


Unha vez rematado o período de formación, as persoas participantes poderán obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX) mediante a superación dunha proba presencial de carácter voluntario baixo a supervisión tanto de Inserta Empleo como da Amtega.


Inserta Empleo colaborará tamén co Plan de Inclusión organizando outras actividades formativas, eventos ou iniciativas de divulgación e dinamización das TICs e na difusión da inclusión dixital en Galicia.


CODIX


En 2014 a Amtega habilitou ás aulas da Rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para a obtención da certificación de competencias dixitais en ofimática (CODIX) pola cidadanía en xeral, garantíndose xa non só o acceso á formación necesaria senón tamén o acceso ás probas de avaliación que ata ese momento non existiran.


A certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX) é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.


PLAN DE INCLUSIÓN DIXITAL DE GALICIA 2020


O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.


Esta estratexia estase a desenvolver grazas á cooperación, e implicación dos axentes do ecosistema dixital. Actualmente o Plan de Inclusión Dixital conta xa con 700 aliados dixitais, aos que se vén de suamar Asociación Inserta Empleo da Fundación ONCE.


INSERTA EMPLEO


A Asociación Inserta Empleo, é a entidade da Fundación ONCE para a formación e emprego de persoas con discapacidade que e busca posibilitar a súa integración plena na sociedade mellorando a súa cualificación profesional; promover a creación de emprego para persoas e apoiando a creación de prazas ocupacionais en colaboración coas entidades do movemento asociativo de persoas con discapacidade e as súas familias.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE