#Claves de la semana

A moza desaparecida na Pobra foi vista por última vez a un quilómetro da casa

Participan na búsqueda a Garda Civil, a Policía Local, voluntarios de Protección civil, familiares e veciños.


|

Desaparecida2horizontal


A moza de 18 anos Diana María Quer López-Pinel, desaparecida desde o luns no municipio da Pobra do Caramiñal, foi vista por última vez a un quilómetro da vivenda onde veranea coa súa familia.


Segundo informou o 112 Galicia, efectivos de Protección Civil de Ribeira sumáronse este mércores ao operativo de procura, coordinado pola Garda Civil. A Policía Local indicou ao servizo de emerxencias que a moza regresaba dunha festa cando foi vista por última vez, a un quilómetro aproximadamente, da vivenda onde veranea coa súa familia.


Desde que os seus familiares presentaron a denuncia ante a Garda Civil, axentes da Policía Local e distintas agrupacións de voluntarios de Protección Civil da Pobra, Porto do Son, Boiro e Ribeira, así como familiares e veciños colaboran na procura da moza.


A rapaza mide 1,75 metros, ten o pelo longo liso e moreno, ollos escuros e pesa uns 55 quilos. A última vez que foi vista vestía pantalón curto rosa, camiseta branca e sudadera e calzaba zapatillas negras con cordóns.

relacionada Segue a busca da moza desaparecida na Pobra do Caramiñal
relacionada Localizada la menor de Porriño desaparecida desde el pasado sábado
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE