A calor provoca nos condutores síntomas similares aos da alcoholemia
Segundo a Fundación do Comisiarado Europeo do Automóbil (CEA), a calor excesiva provoca unha diminución do 10% na atención do condutor e afecta á asimilación de información e agudeza visual.
Do mesmo xeito, advirten de que unha alta temperatura inflúe no estado psicofísico do condutor, provoca fatiga e incrementa o tempo de reacción.
A entidade lembrou para a operación retorno, que a sensación de calor para o condutor nunca é confortable e acelera o cansazo, podendo provocar somnolencia, irritación, cambras nas pernas e problemas de transpiración da pel.
Desta forma, cando a temperatura do habitáculo alcanza os 30° C, increméntanse nun 20% os erros na condución e nun 22% o tempo de reacción do condutor, sendo comparable a conducir con 0,29 gr/l de alcol en sangue, segundo estudos realizados en Alemaña e recollidos pola Fundación.
Igualmente, con temperaturas superiores a 35° C, o condutor pode chegar a sentir síntomas similares aos que tería cunha alcoholemia de 0,5 gr/l".
CONSELLOS PARA UNHA VIAXE SEGURA
Así, a Fundación CEA recompilou unha serie de consellos de condución con altas temperaturas entre os que se atopa baixar todos os portelos do coche para igualar a temperatura interior á exterior antes de iniciar a condución; realizar unha adecuada ventilación do vehículo durante a viaxe e regular o aire acondicionado ata unha temperatura máxima de 24°C; ou vixiar a vía e non distraerse durante a condución.
Igualmente, aconsella que, se se quere comer, beber ou falar co móbil, débese facer no paro para descansar. Tamén aconsella viaxar nas horas de menor radiación solar -mañá ou atardecer-, e facer paros periódicos cada 200 km ou 2 horas, así como inxerir unha alimentación lixeira, rica en proteínas e vitaminas, evitando as comidas graxas.
Por último, destaca a importancia de que o condutor utilice roupa cómoda e folgada, ademais de levar un calzado que suxeite adecuadamente o pé. Así mesmo, advirte que cando o condutor perciba síntomas de fatiga ou somnolencia, debe parar o vehículo para descansar ou durmir. Tamén recomendo non consumir "absolutamente nada" de alcol se se vai a conducir: diminúe os reflexos, crea unha sensación de euforia e unha falsa seguridade, mesmo nos seus niveis máis baixos.
Escribe tu comentario