#Claves de la semana

​A economía galega acelera timidamente o seu ritmo de crecemento

O trimestre pasado, o PIB medrou un 0,8%. Nos últimos 12 meses o aumento foi dun 3%, dúas décimas por baixo da media española.


|

Dineromonedaseconomia


O produto interior bruto (PIB) galego creceu un 0,8% no segundo trimestre do ano en relación co primeiro, igual que a media, segundo as Contas económicas trimestrais de Galicia que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística.


En variación interanual, no segundo trimestre de 2016 respecto ao mesmo período de 2015, a evolución da economía galega eleva o seu incremento ao 3% (fronte ao 3,2% no caso do conxunto estatal).


Desta forma, tanto a taxa trimestral como a anual experimentaron na comunidade un aumento dunha décima respecto da variación do primeiro trimestre (cando rexistrou un 0,7% e un 2,9%, respectivamente).


Ao lado da demanda, o gasto en consumo final subiu un 0,9% intertrimestral, con crecementos do 0,8% no caso dos fogares e institucións sen fin de lucro ao servizo dos fogares e do 1,4% no das administracións públicas.


A demanda interna, en termos nacionais, incrementouse un 0,9%. As exportacións aumentaron un 2,7% mentres as importacións fixérono en dúas décimas máis, un 2,9%.


EVOLUCIÓN ANUAL


En canto á evolución anual, o gasto en consumo final subiu un 3,1% (2,9% o dos fogares e 3,7% o das administracións públicas), a formación bruta de capital subiu un 2,4%, a demanda interna un 3%, as exportacións un 5,3% e as importacións, o mesmo.


Por parte da oferta, a variación anual reflicte incrementos en todos os sectores: do 3,4% nos servizos, do 2% na construción, do 1,3% na agricultura, silvicultura, gandería e pesca, do 1,2% na industria e do 3,9% nos impostos netos sobre os produtos.


EMPREGO


En termos de emprego, o número de postos de traballo a tempo completo repuntou en Galicia un 1,8% sobre o mesmo trimestre do ano anterior, dúas décimas menos que no primeiro trimestre.


Neste ámbito, chama a atención o incremento do emprego no sector primario, do 5%, e na industria manufactureira, cun 3%. Pola contra, reduciuse nun 2,8% na construción.


XUNTA


Pola súa banda, a Xunta, nun comunicado de prensa remitido pola Consellería de Facenda, destaca que o avance da economía galega entre abril e xuño "iguala" o crecemento trimestral da economía española.


Resalta, na mesma liña, que a taxa de aumento interanual do PIB autonómico é "a máis elevada desde o primeiro trimestre de 2008", e que, desta forma, a economía galega encadea 11 trimestres consecutivos de crecemento.



relacionada ​Galicia crece por encima de la media
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE