#Claves de la semana

Os socialistas apostan por rescatar o Cunqueiro na visita “sorpresa” de Leiceaga a Vigo

Nun acto centrado ao redor do “rescate” do Hospital Álvaro Cunqueiro, ausentouse o cabeza de lista por Pontevedra Abel Losada e o PSOE vigués asegurou que “non tiñan constancia” da visita do candidato


|

Chuvi 2


O candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, visitou este xoves Vigo para asistir a un acto de campaña sobre sanidade no que reclamaron que se “rescate o Hospital Álvaro Cunqueiro para a Sanidade Pública”. Nestas palabras o expresou Ángel Cameselle, o Presidente da Xunta de Persoal, que subliñou que “o modelo público-privado non é o que necesita Vigo”.


Cameselle afirmou que rescatar o Cunqueiro significaría “rescatar outros hospitais” coma o Meixoeiro, que “ten a metade das camas pechadas”, afirmou o presidente da Xunta de Persoal. Recalcou tamén que o problema fundamental do hospital a día de hoxe é a súa “privatización” e puxo como exemplo o caso das sabas, que “non hai suficientes” pero “está nas mans da concesionaria pedir máis” co cal se dilata a decisión dada a “falta de control”.


Neste sentido afirmou que é preciso “conformar un goberno de signo diferente e que o primeiro obxectivo sanitario de Galicia sexa o rescate do Cunqueiro”.


AUSENCIA DO CABEZA DE LISTA


Losada que, segundo fontes do partido escusou a súa presenza por "motivos persoais", confirmara este mércores que estaría a acompañar a Leiceaga na súa visita ao Hospital Álvaro Cunqueiro, pero este xoves pola mañá trasladou que non acudiría.


O cabeza de lista da candidatura socialista en Pontevedra forma parte do círculo de afíns ao alcalde, Abel Caballero, quen manifestou publicamente o seu malestar polos cambios introducidos na lista por Leiceaga, ao considerar que Vigo quedaba relegada a un segundo plano, e que se ignorou a vontade dos militantes de Pontevedra (que apoiaron outra candidatura).


‘VISITA SORPRESA’


Pero a ausencia do número 1 non foi a única polémica, e é que a agrupación do PSOE en Vigo remitiu un comunicado aos medios, asinado polo secretario de organización, Anxo Rivas, no que constata que non tiña "ningún coñecemento" da visita de Fernández Leiceaga.


Ao mesmo tempo, o goberno municipal vigués tamén enviou unha nota aos medios na que asegura non recibir "ningunha chamada" de Leiceaga anunciando a súa visita e a súa reunión coa xunta de persoal do Chuvi, aínda que admite a chegada "moi tarde" dun correo electrónico con esa convocatoria.


PROTAGONISMO DOS CANDIDATOS


Cuestionado polos xornalistas acerca destas ausencias, Fernández Leiceaga limitouse ha afirmar que o acto "foi comunicado ao alcalde de Vigo", e apuntou que este tipo de actos son comunicados aos candidatos, que son "os que deben participar na campaña, excepto aqueles que por problemas de axenda persoal ou política non poidan".


"A campaña téñena que protagonizar os candidatos", resolveu nunhas declaracións non faltas de polémica pola ausencia precisamente do cabeza de lista por Pontevedra, do que sinalou que "cabe interpretar que está de acordo coa mesma".


O aspirante socialista á Presidencia da Xunta tamén se referiu, a preguntas dos medios, ás críticas pola configuración das listas e á renuncia dalgúns candidatos. "Síntoo moito, pero temos que mirar cara a adiante, temos que mirar ao 25 de setembro, é (a cuestión das candidaturas) un tema pechado", sentenciou.


"DERROTAR A FEIJÓO"


Fernández Leiceaga lembrou que foi elixido nunhas primarias "para ofrecer aos cidadáns unha alternativa sólida e seria, capaz de gobernar" e que niso vai centrar os seus esforzos. "Vou dedicarme a explicar aos cidadáns o meu proxecto, que é o que lles importa", afirmou, e expresou o seu desexo de que "todo o partido" comparta con el o seu compromiso e obxectivo de "derrotar a Feijóo".


Así mesmo, subliñou que o peso da cidade de Vigo vai ser "moi importante" na campaña e nese proxecto socialista, e asegurou que, pola súa dimensión poboacional, os seus problemas de sanidade, a importancia do seu tecido empresarial, etc., a cidade olívica terá a "atención preferente" do PSdeG.


relacionada ​Crise no PSdeG polos cambios nas listas
relacionada ​Caballero, "decepcionado" con el PSOE por avalar los cambios
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE